Na pasada liga gañouselle o Majadahonda cun solitario gol de Lucas.
Datas e horarios das 2 primeiras xornadas de liga
O RC Deportico comezará a liga o vindeiro 26 de Agosto, sábado, ás 19:30 horas, (17:30 GMT), recibindo ao Rayo Majadahonda, para na segunda xornada visitar ao CD Lugo o sábado 3 de Setembro ás 21:30 horas, (19:30 GMT), no Ánxo Carro.
Primeiro adestramento de Ximo Navarro
Fermosa a estampa ca que confirmaba o RC Deportivo a fichaxe de Ximo Navarro cunha foto na que chegaba as proximidades de Riazor antes do Memorial Arsenio Iglesias baixo o brazo de Lucas Pérez. Ambos son amigos que coincidiron no CD Alavés. O novo xogador deportivista xa adestrou hoxe en Abegondo baixo a dirección de Idiakez.
O novo defensor branquiazul comezou a sesión co grupo e a continuación seguiu o seu traballo co readaptador Álex Canosa ao ser o seu primeiro día nesta pretemporada. Imanol Idiakez, após unha activación e rondos, baixou a carga despois de onte martes, no que houbo adestramento matinal e amigable pola tarde en Riazor.
Pablo Vázquez está con adestramento personalizado por problemas musculares típicos de pretempada, que lle impediron estar no Memorial Arsenio Iglesias. Álvaro Santamaría, Martín Ochoa, Brais Val, Kevin Sánchez, Tim Caroutas e Fernando Somolinos, foron os rapaces da canteira que adestraron co primeiro equipo.
Prezos para o Teresa Herrera masculino e feminino
Están xa á venda as entradas de público para a XI edición do Trofeo Teresa Herrera Feminino deste sábado 5 de agosto en Riazor (17:00 horas/15:00 GMT) entre o Deportivo ABANCA e o Deportivo Alavés Gloriosas; e da LXXXVIII edición do Trofeo Teresa Herrera masculino (19:30 horas/17:30 GMT), entre o RC Deportivo e o Red Bull Bragantino brasileiro.
Lucía Rivas prolonga cointrato co Depor ABANCA
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/RC Deportivo