VÍDEO DAS MARABILLAS QUE FAI CO BALÓN O MUXIÁN, RAÚL LEMA, PURA MÁXIA NA CANTEIRA DO RC DEPORTIVO CON MARCHAMOS DE “CRACK”..

 

O pasado sábado o muxián, Raúl Lema Díaz, (Muxía, 2010), proclamábase campión da División de Honra de Cadetes co equipo Cadete A do RC Deportivo, nun encontro no que como vos contamos debutou cun gol e unha asistencia na vitoria sobre o Xuventude Oroso, (0-7), e de seguro de que xogará máis nos 4 encontros que restan de campionato. Raúl en idade infantil xogou con rapaces un par de anos maiores ca él, e de seguro que pronto o veremos xogando sendo cadete cos xuvenís.

 

 

Preseleccionado ca Española é un asiduo da Selección Galega tanto de fútbol coma de futsal, (ca que é subcampión de España), levo cos infantís xogando de mediapunta a frioleira de 24 goles, e unha gran cantidade de asistencias, das que non temos o dato correcto. Naceu cun balón nos pés, e xa dende moi pequeniño o balón foi o seu compañeiro. Ten unha calidade despanpanante e está no mellor sitio, (Abegondo), para seguir na sua progresión. A sua disposición co balón lembra a moitos dos mellores que pasaron pola Liga, e o mesmo se saca unha “Lambreta”, que unha “Cola de vaca”, unha “rabona”, ou calquer centro ou gol sen ángulo. Os seus regates son eléctricos e encara e desborda a canto se lle poña por diante.

Se non se topa cun “Oscar Cano por diante e as cousas non se torcen, (cousa que desexamos que non), prono o veremos xogando en Riazor, e emulando a rapaces coma Mella, ou Yeremay.

No vídeo de Talentos Españoles podedes ver un pouco da enorme calidade deste rapáz “Made na Costa”.

 

 

ç-Texto e montaxe sobre captura de imaxe : Xosé Búa “Pirata”

-Foto futsal : Javier Lema

-Vídeo : Talentos Españoles