CRÓNICAS 28ª XDA DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G1 : “VITORIA DO CEE E DERROTAS DE MIÚDAS E XALLAS, ESTE ÚLTIMO AINDA OPTANDO A LOITA POLA PERMANENZA”.

 

Se a pasada semana era o UC Cee o único que sumaba, desta volta voltan a ser as ceenses as únicas que suman en positivo, desta volta unha vitoria. O Xallas caía derrotado pero mantén as opcións de loitar pola permanenza na liga e o Miúdas xa está a desexar que isto acabe para descansar e pensar para o ano nunha liga máis atractiva ca esta en canto a rivais.

 

 

UD Santiso FC 3-0 Xallas FC

Roberto Carlos “Rupper”, (Adestrador do Xallas FC) : “Tentamos facer o noso partido e levarnos os tres puntos nun campo moi complexo. Pero non foi posible, os primeiros minutos marcaron o partido, cun equipo local xogandose a permanencia, cunha defensa moi alta, sendo capaces de roubar moito balón e xogando moi vertical. Chegamos ou descanso coa desvantaxe dun gol e quixemos darlle a volta na segunda metade. O Xallas saiu con outra actitude, e dispoñemos de varias chegadas que lle poidemos dar a volta ou marcador, pero unha contra do equipo local serviulles para bater de novo a Rosio e complicar moito ou partido. Cas xalleiras envorcadas en materializar algun gol unha indecisión defensiva voltaría a castigarnos sobremaneira nun partido na que a efectividade ou equipo local foi do 100%. Con esta derrota á terceira praza xa non é factible, polo que trataremos de acabar o a liga o mellor posible pero sin aspiracións maiores“.

Xallas FC : Rosio; Laura, Saskia, Ali, Barbeira; Noe, Maria, Inés; Paula Barcia, Olalla e Michelle.
Tamen xogaron: Leticia, Yaiza e Paula Gándara.

Goles : 1-0, Daniela, (15´); 2-0, Elvira, (65´); 3-0, Elia, (66´)

Árbitro : Crístian Machado. Non amosou ningún cartón.

 

ED As Miúdas 0-3 SDC San Roque

A pesares de que se adiantou moi pronto o San Roque, as muradanas aguantaron ben durante máis dunha hora de encontro ata que chegou o segundo gol. Cun so cambio no banco notouse o cansanzo, e máis tendo en conta que viñan de xogar a copa ante o Dumbría fai uns días.

 ED as Miúdas : Atenea, Atenea, Alba, Ximena, Pati, Cris, Adriana Siaba, Saray, Adriana Piñeiro, Paula, e Ana. Tamén xogou : María.

Goles : 0-1, Saray, (2´); 0-2, Sofía, (62´); 0-3, Sofía, (65´).

Árbitro : Óscar Costa. Non amosou ningún cartón.

 

UC Cee 2-0 Club Silva SD

O equipo ceense topouse cun deses días que non sae nada e se xa se adiantaban moi pronto as visitantes cun tanto de Sara aos 8 minutos de xogo, tiñan as de Rafa Suárez ocasións como para darlle a volta o marcador. A segunda metade foi dun corte similar e non foi ata os instantes finais cando lucía Martínez igualaba. Ata io pitido final buscaron o gol da vitoria pero unhas veces a porteira e outras a falla de definición acabaron nun inxusto empate.

UC Cee :  Valeria, Lucía Rodríguez, Facal, Nerea, Laura, Sabela, Paula, Saray Duarte, Lucía Martínez, Nayara e Sharay. Tamén xogaron : Sieira e Antía.

Goles : 1-0, Paula, (63´); 2-0, Nerea, (75´).

Árbitro : Manuel Rodríguez. Non amosou ningún cartón.

 

CLASIFICACIÓN

A tenor do exposto na clasificación d RFGF o Xallas xa non pode chegar aos postos de promoción de ascenso, e sigue marcando posto de promoción por evitar o descenso con 45, seguido de preto na procura de arrebatarlle este posto o Orzán e Meicende a 2 puntos, As Antas a 3, Cee a 4 e Brexo lema a 5. Polo tanto o UC Cee ainda ten opcións a acadar un dos postos de loita pola poermanenza, namentras que o ED As Miúdas xa está descendido.

 

 

-Foto arquivo : Rupper

-Texto : Xosé Búa “Pirata”