O MARIÑEIRO E MAQUETISTA, PACO LAGO SERÁ O PREGOEIRO DO “XV MERCADO DAS RUTAS DO MAR” DE MUXÍA.

Paco con un dos barcos que restaurou do Santuario da Barca.

 

Francisco Javier lago Vilela, máis coñecido por Paco, “Paco do Palamua”, ou “Super Paco”, (nome co que era coñecido no seu periplo como porteiro do Muxía CF). Venlle a pasión polo maquetismo dende moi neno, influenciado pola labor que facía o seu tía Eleuterio Vilela. Antre os seus traballos conxuntos destacar a restauración de tódolos barcos que hai colgados no Santuario da Barca, tralo incendio fatídico do Día de Nadal do 2013. Ademáis de restaurar os barcos donación de devotos a traves dos anos, aportou algún da sua colleita propia.

 

● Mariñeiro xubilado, desde moi pequeno comezou a interesarse e traballar
na reprodución en pequena escala de famosos e históricos barcos.
● Foi elexido polo alcalde e polos membros do goberno debido á importancia
que o seu traballo ten na cultura do mar e na vila da Barca. Presentará a
súa exposición de maquetas o vindeiro 4 de agosto na Sala da Camposa.
● A programación completa da XV edición das Rutas do Mar deste ano será
presentada o vindeiro sábado, 5 de agosto.

 O artista muxián Paco Lago será o encargado de dar
o pregón do mercado das Rutas do Mar de Muxía na XV edición que se celebrará os
vindeiros 12 e 13 de agosto. Tamén, a programación completa desta décimo quinta
edición será presentada polo grupo de goberno o vindeiro 5 de agosto.
Lago, mariñeiro xubilado, comezou desde moi pequeno a cultivar unha afección moi
curiosa, as maquetas navais. Sendo un rapaz, deu o seus primeiros pasos na
investigación e reprodución en pequena escala de famosos e históricos navíos, tanto
internacionais como nacionais, pero tamén de moitos barcos locais que formaron e
forman parte da importante flota pesqueira muxiá.

Tamén traballa e traballou na reprodución de embarcacións tradicionais galegas como
As Dornas.

Así, Paco Lago foi elexido tanto polo alcalde, Iago Toba, como por os membros do
goberno local debido á importancia que o seu traballo ten na cultura do mar, tan
arraigada na vila de Muxía.

“O traballo de Paco constitúe un legado de cultura e sabedoría para a sociedade.
Grazas ao seu esforzo e dedicación, os máis novos poderán coñecer as curiosidades
das embarcacións antigas e como eran os barcos nos que traballaron os seus pais,
avós e familiares”, destacou Toba.

Presentación da exposición o 4 de agosto na Sala da Camposa
Paco, tamén coñecido entre os seus amigos e veciños como “SuperPaco” na súa
faceta como porteiro futbolístico na xuventude, ten unha vida ligada paralelamente
ao mercado das Rutas do Mar e, por iso, presentará na súa terra unha importante
exposición de maquetas navais, organizado en colaboración co Concello de Muxía.

Esta exposición será posiblemente a máis grande que se ten celebrada dun mesmo
autor e, será inaugurada o vindeiro venres, 4 de agosto, na Sala da Camposa.
Ademais o acto contará con algunha sorpresa que o mesmo artista das maquetas de
navíos fará pública.

A destacada labor de Paco Lago tivo momentos curiosos e participou en situacións
históricas do Concello de Muxía, como ser a persoa encargada de restaurar, de forma
altruísta, as maquetas dos barcos da Barca, convertidos en exvotos, cando ocorreu o
desgraciado incendio do santuario.

O artista muxián tamén conta con anécdotas descoñecidas sobre algunhas das súas
obras, como que foi a persoa encargada de construír a réplica do navío ‘O Generosa’,
que tivo un triste desenlace, coa propia madeira do autentico barco.

Nesta exposición, que terá como guía de excepción ao propio artista, contará con
numerosas pezas de gran valor: 23 replicas de embarcacións, incluído submarinos e
pequenos barcos tradicionais, máis de 15 cadros en releve, obxectos históricos do
mar e incluso maquetas premiadas a nivel internacional, pois ata tres pezas da súa
propia colección estiveron no podio mundial de maquetas.

Tras o anuncio, Iago Toba destaco que “é un verdadeiro privilexio poder contar con
Paco Lago como pregoeiro desta edición do mercado das Rutas do Mar. Paco é un
home de mar, Paco é sabedoría, Paco é un dos mellores artistas das maquetas navais,
pero sobre todo Paco é unh gran muxián”.

-Foto e Texto : Prensa Concello de Muxía/Xosé Búa “Pirata”