SEN SORPRESAS NOS OITAVOS DE FINAL DA “LVIII COPA DA COSTA”.

 

Non houbo sorpresas nos Oitavos de Final da Copa da Costa e tódolos favoritos pasaron o corte e agás o Baio que tiña que remontar ante o Cabana o resto pasaron sen apuros ou con goelada, o que fai que a Copa se faga tan “descafeinada” como se fala polos pobos costeiros, ata que xa haxa enfrontamentos antre equipos de superior categoría. Falla saber o desenlace do Muxía-Soneira que se xogará o vindeiro martes, (21:00 horas), cos muxiáns inmersos na fase de ascenso a 1ª Galicia na que se poderían codear a vindeira tempada cos vimianceses. Encontro este de despedidas, pois podería ser a despedida do banco muxián de Diego Lobelos ou do vimiancés de Pedro Gómez que deixarán os respectivos equipos trala disputa da copa.

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”