XUNTANZA DO ALCADE DE MUXÍA O CONCELLEIRO DE DEPORTES E O PRESIDENTE DO CF MUXÍA PARA ANUNCIAR MELLORAS NO CAMPO DA ARLIÑA.

O Concello de Muxía anuncia melloras no campo de fútbol
da Arliña

● O alcalde, Iago Toba, e concelleiro de Deportes, Felipe Vilela, reuníronse co
presidente do club de fútbol, Juan José Busto, para trasladar o proxecto.

● A intervención contempla a instalación do novo sistema de iluminación do
campo, nova cuberta de vestiarios, mellora da instalación eléctrica,
instalación de mobiliario urbano no recinto e pequenas melloras nasgradas, entre outras.

● “Esta é unha actuación consensuada coa directiva do club e que este equipo
de goberno ten a intención de que sexa unha realidade neste ano 2024”,
destacou Toba.

 

Iago Toba, Juan José Busto e Felipe Vilela, (esq. a der.).

 

O Concello de Muxía anunciou o primeiro paso da completa
actuación de mellora no campo de fútbol da Arliña, “unha actuación consensuada en
todo momento coa directiva do club e que este equipo de goberno ten a intención de
que sexa una realidade neste ano 2024”, indicou o rexedor, Iago Toba.

Toba, xunto ao concelleiro de Deportes, Felipe Vilela, reuníronse recentemente co
presidente do club de fútbol, Juan José Busto, para trasladar e dar conta do novo
proxecto.

Tamén, o técnico municipal, redactor do proxecto, acompañou ao concelleiro de
Deportes na visita ao campo da Arliña para proxectar as melloras que se pretenden
facer sobre o propio terreo.

Tras o anuncio, Vilela destacou que “esta é outra actuación na liña de traballo deste
goberno local, apoiando e acompañando a escola de fútbol e dotando as instalacións
da Arliña con máis recursos para converter ao C.F. Muxía nun club referente na
contorna”.

Completa actuación

Así, a intervención contempla, entre outras, a instalación do novo sistema de
iluminación do campo, nova cuberta de vestiarios, mellora da instalación eléctrica de
vestiarios e cantina, instalación de mobiliario urbano no recinto e pequenas melloras
nas gradas.

“Como vimos realizando desde xa varios anos, a nosa idea é continuar apostando
polo deporte local e seguir avanzando na modernización das nosas infraestruturas
deportivas, promovendo a práctica do deporte ao aire libre e os hábitos de vida
saudables”, rematou Toba.

-Foto e texto : Prensa Concello de Muxía

-Foto Arliña : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies