FASE DE ASCENSO A 1ª GALICIA : “·O MUXÍA SEGUE ADIANTE O CORME CAE DA LOITA”.

Fran Moreira fixo o 2-1 de penalti.

 

Muxía e Corme xogábanse o primeiro envite polo ascenso a 1ª Galicia Grupo 2 A Costa/Santiago nesta tarde, os muxiáns desfacíanse do Cacheiras nun encontro cheo de emoción por 4-3, pola sua banda os cormeláns caían por un craro 5-1.

 

FASE DE ASCENSO A 1ª GALICIA A COSTA/SANTIAGO

(Cuartos)

 

Muxía CF 4-3 Cacheiras SD

Encontro que na primeira metade acababa 1-1 e no que pronto se adiantaban os da Vila da Barca, aos 10 minutos de xogo e que igulaban os santiagueses no 20. Foi mellor neste primeiro periodo os visitantes. Aos 5 minutos da reanudación poñíanse por diante os muxians, e pasada a hora de xogo abrían fenda no marcador con dous goles consecutivos, (68´e 69´). Co encontro controlado e xa no treito final os visitantes poñíanse no encontro tras un gol en propia porta e no desconto o 4-3 que alentaba os de fora. Houbo unhas craras mans no área muxiana que o colexiado non veu e moi protestadas polo cacheiráns, que poderían levar o encontro a prórroga.

O rival dos muxiáns nas semifinais será o Bertamiráns en principio o 4 de Xuño no Municipal de Bertamiráns.

 

SD Valiño 5-1 Corme CF

Chegou moi xusto de efectivos o equipo cormelán a Cabo de Cruz con 14 xogadores, e dobrou o xeonllo no treito final. A primeira metade acabou 1-0 cun gol dos locais aos 20 minutos de xogo. Xa na segunda metade empataban os de Corme, (51´). Un penalti no 71 era o comezo do final para os cormeláns que recibían o terceiro no 87, e dous máis no desconto cando buscaban a tumba aberta meterse no encontro.

 

-RESTO DE CHOQUES-

 

Bertamiráns FC 1-0 CD Estradense B

Día : Domingo 28 Maio 2023

Hora : 19:00

 

Vea CF 0-2 SD Urdilde

Día : Domingo 28 Maio 2023

Hora : 17:30

 

-Foto : Marina Busto

-Texto : Xosé Búa “Pirata”