PREFERENTE GALICIA FSF
CARBALLIÑO FS GRI CARBALLIÑO 0-4 FISOBER FSF
CARBALLIÑO: Paula, Letizia, Alba, Almu, Ana. Tamén xogaron: Sonia, Antía, Aloia, Ainhoa.
FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Nuriña, Andrea. Tamén xogaron: Ana, Adriana, Nai, Saray, Myre.
ÁRBITROS: Brais Leis, Jose Fernández.
GOLES: 0-1 min 2 Andrea, 0-2 min 6 Paula Fandiño, 0-3 min 8 Adriana; ( descanso) , 0-4 min 21 Andrea.
INCIDENCIAS : Partido correspondente a 26ª xornada de liga Autonómica – Preferente Galicia, disputado na tarde do sábano no P. Anexo Paco Chao do Carballiño.
O Fisober é consciente de que non pode errar se quere manter o liderato e así se tomou o partido como unha nova final dende o principio. Saíron moi concentradas as xogadoras de Fran Toba e así o amosaron de saída xa que no minuto dous Andrea abría o marcador para as costeiras. O gol deu un pouso de tranquilidade ó Fisober para manexar o partido. No minuto seis Paula Fandiño facía o segundo e no oito Adriana facía un cero a tres tranquilizador. As locais a pesares do resultado quixeron facer o seu traballo e poñer a proba a Sharay ó igual co conxunto costeiro quería aumentar a diferenza. Pero o resultado xa non se alterou nesta primeira metade.
Despois do tempo de lecer a volta dos vestiarios ó Fisober voltou a saír igual de concentrado e así foi Andrea a que novamente marcaba para as visitantes, poñendo un cero a catro que finalmente foi definitivo. As locais arriscaron co xogo de cinco na busca de recurtar diferenzas, pero nin elas, nin o Fisober a contra marcaron, tendo boas ocasións ambos. Aínda así tanto un conxunto coma outro buscaron o gol con insistencia pero sen resultado, chegándose así ó final do partido.
A vindeira xornada chega a Dumbría o sempre perigoso Cidade de Pontevedra, na primeira das catro finais que quedan o conxunto costeiro, por certo tres delas coma locais.
-Foto e texto : Prensa Fisober FSF