O Bergantiños gañou as 3 copas anteriores.
Dende antes do sorteo da cuarta edición da “Copa da Costa” o pasado sábado en Zas xa había un alo de malestar sobre esta edición tras recibir os clubes un primeiro borrador, que logo foi retirado. Tralo sorteo as críticas continuaron e segundo nos comenta un dos adestradores que estivo presente no sorteo, “había un certo aire de como estar a defensiva, en especial polo vertido na prensa”. Nós tras consultar a un puñado de adestradores dos que colaboran ca nosa web, vimos que non gustaba nada o primeiro borrador e que desilusionaba o segundo, o coincidir encontros co final das ligas, cando os equipos se xogan a tempada, así coma encontros por semana, ainda que sexan festivos, non todo o mundo os ten. Tamén se falou moito de que si o Beragntiños Fc, campión das 3 anteriores edicións, prefería xogar a da Coruña, que si o Bergantiños B fora invitado no seu lugar e preferiron non xogar, etc…O propio clube carballés mandábanos onte un comunicado tras preguntarlle por este tema, e nél explica as claras como é a situacióne o porqué de que non xoguan a Copa. Máis abaixo tedes o comunicado.
Mandámoslle a tódolos adestradores do fútbol feminino da costa a pregunta de : “Que vos parece a Copa da Costa Feminina deste ano”?. Algúns contestáronnos que : “Prefiro non opinar”…Houbo un que nos dixo que, “Con decir o que digamos non vai cambiar nada”, outro que, “igual dis algo e despois págalo”, e tamén que, “así se sorteou e o que non queira que non a xogue”, e hai algún que ainda non contestou a nosa pregunta, tras vela. Por este motivo o artigo non queda pechado e se chega algún comentario máis iremos poñéndoo.
Así ven os adestradores do fútbol feminino a “Copa da Costa Feminina”:
Rupper, (Adestrador do Xallas FC da 2ª Galega G1) : “A Copa da costa é unha competición moi atractiva que pecha a tempada. Entre todos temos que darlle o valor que se merece. No noso caso é a segunda vez que a disputamos e nos xenera unha gran ilusión chegar lonxe na mesma”.
Fran Pequeño, (Adestrador do SD Fistera da 3ª Galega G2) : “Pois a verdade que non e algo que me rompa a cabeza moito, de feito no caso do meu equipo anotámonos porque e un torneo bonito e que deberiamos estar cantos máis mellor para que o fútbol feminino siga crecendo. A min persoalmente esta competición gústame disputala xa que te encontras con equipos de outra categoría e as miñas rapazas poden ver o nivel de categoria superior. Tamen me gustaria decir que o ser poucos equipos poderíamos empezar como no caso do masculino antes e xogar durante os festivos ou xornadas que tivemos parón na liga, e así sacar carga de partidos os equipos que esten xogando algo importante, xa sea o título, ou o descenso de categoria”.
Juan Cabrejo, (Adestrador do EF Concello de Camariñas “Juan Cabrejo”, da 3ª Galega G2) : “A Copa da costa femenina é un evento que vai en consonancia có crecemento do fútbol femenino, e como tal é unha competición bonita e ilusionante de xogar para todos os equipos da costa. Tras o sorteo e unha vez escoitado por parte da federación os motivos das datas, entendo que sexa complicado buscar outras, pero tamén hai que poñerse de lado dos clubs para saber que xogar pola semana con xente fora estudiando e traballando é complicado, e mais habendo xornadas de liga aínda por diante. Creo que o mellor é aprender dos erros por parte de todos e facer unha reunión con tempo, onde clubes e federación propoñamos opcións e de aí salir un bo plantexamento de competición que sexa o mellor para todos”.
José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD da 3ª Galega G2) : “A Copa ten a emoción da eliminación a partido único, pero quizais as eliminatorias entre semana quítanlle asistencia os partidos, e poden facer que algunhas xogadoras teñen problemas para acudir”.
Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría da 3ª Galega G2) : “Na miña opinión, neste ano, o cal podría ser un antes e un despois da Copa da Costa Feminina non se aprobeitou e se acabou facendo as prisas, non sei si por falta de planificación ou pola aparición da Copa Diputación. No proxecto que fan chegar os clubes non tiña sentido que as xogadoras tivesen, en caso de ir pasando de rondas e chegar a semifinales, xogar nun plazo de 7 días 4 partidos, no noso caso seguramente todas eliminatorios, sin posibilidade de descanso e de preparación para esos partidos. Da nova proposta non entendo a fecha do 15 de mayo, sabendo a realidade que temos na costa, xogadoras que estudan ou traballan fora, e sea unha das fechas que non ten variación, e si as de semis e a final, que non entendo moi ben, cando xa neses findes non hai competición, non sea unha fecha marcada, e facendo coincidir, coma anos anteriores as finais senior da Copa da costa, co ben feito que fui en anos anteriores. Considero que se puido facer mellor, sabendo o que significa a Copa da costa. Nós intentaremos competila e disfrutala o máximo que poidamos”.
Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD da 3ª Galega G2) : “Pois a federación deixa a competición máis importante da costa totalmente desvirtuada. Un calendario que nadie o entende con infinitos paróns e donde no último mes se apreta con unha cantidade de partidos que nin as xogadoras profesionais poderían soportar ,e aquí carecemos de recursos para poder afrontalo e onde moitos conxuntos nos xogamos prácticamente a tempada. Por outro lado os equipos temos as plantillas mermadas por lesións, traballo e no tramo máis importante de estudos do ano e dende a miña humilde opinión creo que se podería xa ter esto previsto dende o inicio da tempada un calendario máis asequible, xa que durante todo o ano creo que existen fechas e tempo suficiente para poder fixar a Copa mesturándose coa liga dunha maneira máis razoable, ou incluso finalizar antes a liga para xogar a Copa. Xa rematando, persoalmente tamén vexo desigualdade na presentación do evento non retransmitida/non igualitaria cos séniors masculinos, creo que tampouco axuda xa que non da transparencia a un evento tan importante para o nóso fútbol costeiro. Polo demáis abofé que serán partidos moi disputados, intensos e cheos de emocións . Nós temos un lado moi complicado, no que teremos un equipo en clara mellora como é o Cerqueda que ben seguro que nolo poñerá moi complicado para poder pasar de fase”.
José Sar “Congui”, (Adestrador do CF Muxía da 3ª Galega G2) : “A verdade e que prefiero non comentar nada, xa que o final e case todos os anos igual, sea femenino ou masculino, deberian de mirar ou escoitar máis os clubes”.
Rubén Castillo, (Adestrador do UD Corcubión da 3ª da Costa) : “En primeiro lugar, este comentario é persoal, vai só no meu nome e naquel que se sinta identificado. Este verán houbo unha oleada de novos equipos femeninos na costa, a causa disto cada equipo fixo unha planificación da pretemporada con diversos amistosos e torneos de verán. Todos con gran éxito, incluso algún como a “Queens Cup” feito ata onde eu sei polas propias xogadoras, cunha gran organización. É dicir, elementos para facer unha gran Copa da Costa femenina hainos. Cando te imaxinas unha Federación, imaxinaste un ente por enriba dos comentarios de Facebook e demáis redes sociais, que traballe de forma eficiente para que, neste caso, as xogadoras disfruten deste marabilloso deporte. Sen embargo, ao acudir a reunión da Copa, atopeime cun “rapapolvos” espectacular, que mellor, non desarrollar. Traballando tarde, mal e arrastro. As xogadoras, que son mulleres e non nenas, sen lugar a dúbidas o comentario que máis me molestou do sorteo, son as donas do fútbol costeiro, sen elas non hai nada. E fastidiame que a menos de 15 días teñan que cambiar seus plans de estudios, traballo ou vacacións para xogar nunha data que polo menos no noso caso, a tan poucos días vista, nos veña tan mal. Fastidiame, pero tamén me enche de orgullo, nunha sociedade na que hai máis ocio que o fútbol, na que elas non son profesionais, fagan un esforzo titánico, nun festivo que poderían utilizar para descansar do traballo ou dos estudios, para poder xogar un torneo, que seguirá sempre a ser unha envexa. En canto ao partido non podo contar gran cousa, aínda non sei quenes poderán vir a xogar e se pasamos de ronda dependerá do Corme porque a data oficial xa si que é imposible para nós. Hai cruces espectaculares como o Corcubión-Fisterra, Camariñas- Muxía ou Xallas-Cee case unha final anticipada. Elas farán que esta Copa mereza a pena, aínda que non o poñan doado”.
Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC da 3ª Galega G2) : “Dende o Outes non queremos ir mais ala de decir que estamos encantados de poder disfrutar da copa da costa, e que iremos a por todas e a desfrutala”.
Juan Tuñas “Rachón”, (Adestrador do CF Mazaricos da 2ª Galega G1) : “O sorteo de copa e o establecemento das fechas paréceme algo de mal gusto e mal plantexado. Non digo que chegados a este momento “haxa fechas” pero creo que é mais un erro de base e organización que un problema de fechas. A liga comezou a finales de setembro e houbo un fin de semana antes de navidades que se descansou porque si. As ligas ata onde eu sei deberían empezarse a principios de setembro ou na última semana de agosto. Se dende principio de temporada se tivesen asignadas 4-5 fechas que correspondesen ca copa xa non teríamos o problema que acarrexamos a día de hoxe, no que insisto, creo que é moi complicado para todos os clubes da costa xogar entre semana. Tal e como nos aludían na reunión que, antiguamente se xogaba sabado copa e domingo liga, só hai que dicir que eso pasaba con clubes que estaban inmersos en ligas de 18-20 equipos. Se con 15 equipos non dan as fechas e que algo estamos facendo mal… En canto o tema do Bergantiños B pois pouco que decir. Sen ter nada contra eles son moi partidario de que un B non participe na copa, máis que nada, porque asi mesmo aparece reflexado na reglamentación donde dicta que un filial ou equipo dependente non pode participar nun torneo do KO (e desto xa fai 34 anos que entrou en vigor a nivel nacional). Creo que ahora xa está e non hai moita máis volta que darlle se queremos que as nosas xogadoras disputen e disfruten desta competición, (que son as verdadeiras protagonistas). Só penso que hai que facer un pouco de autocritica e ver que as cousas non se fixeron ben e que se poden mellorar. Que esto sirva de antesala para anos posteriores e que esta situación non volva pasar. A crítica aqui entre nós parece que só é válida para cando é algo positivo pero, se comentas algo negativo, autómaticamente eres un antisistémico e un inconformista. Esperemos que todos os equipos que teñan que xogar entre semana se vexan o menos dagnificados posible en canto a baixas, e intentarémola disfrutar da mellor forma posible. Nada máis que dicir acerca do tema que como ben se me recordou na reunión : “algúns sodes moi novos para opinar”.
AVISO
Os comentarios dos adestradores son propios e intrasferibles, polo que piratasdemuxia.es non se fai responsable deles, só actua como trasmisor dunhas opinións nun país libre e con dereito a expresarse, sempre dentro da educación.
-Foto : Arquivo Bergantiños FC
-Texto : Adestradores/Xosé Búa “Pirata”