SD Fisterra de Veteranos 1-1 SCD Buño
O 4-0 da ida facía que o equipo fisterrán se tivese que volcar dende o inicio, cousa que fixo e púxose por diante o cuarto de hora por medio de Alejandro Canosa. O Buño aguantou as acometidas e conseguía irse o descanso co 1-0 en contra. Na segunda os fisterráns buscaron ese gol que os puxese de cheo en ir a polo empate da eliminatoria, namentras que o Buño esperaba a sua oportunidade para matar a eliminatoria, que xa tiña moi controlada. O gol que xa deixou todo aclarado chegou pasada a hora de xogo, por medio de Dani Calvete.
Goles : 1-0, Alejandro Canosa, (15´); 1-1, Dani Calvete, (69´).
Árbitro : Alberto Baña. Amonestou polo Fisterra a Javier Barrientos, e expulsou o seu compañeiro, Alejandro Canosa, que vía o segundo amarelo no desconto final. Polo Buño veu cartón amarelo, David Martínez.
Veteranos SCD Malpica 2-2 CF Mazaricos
(Penaltis : 3-4)
Encontro tremendamente igualado e disputado o saber ambos conxuntos que o que gañase pasaba as finais, tralo empate sen goles da ida desta semifinal. Adiantouse o Malpica cun tanto de Carlos Mallo as primeiras de cambio. A resposta do Mazaricos chegaba cun tanto de Sanchiño mediada a primeira metade, a que se chegou o descanso con este resultado. Xa na segunda metade repetía de novo Carlos Mallo e como o fixera no inicio de encontro, facíao ó inicio tralo descanso. Cando parecía que os malpicáns serían os que se levarían o encontro e o pase para unha posible final malpicana, chegaba o gol de Aldo para os mazariquenses, no desconto final. Pasouse o lanzamento de penaltis e aí foi mellor o Mazaricos que vencía por 3-4
Goles : 1-0, Carlos Mallo, (4´); 1-1, Sanchiño, (24´); 2-1, Carlos Mallo, (49´); 2-2, Aldo, (desconto).
Árbitro : César Rodríguez. Non asinou ningún cartón.
FINAL POLO ASCENSO A DIVISIÓN DE HONRA
-IDA-
CF Mazaricos-SCD Buño
Día : 28/04/2024
Campo : A Picota, (Pino do Val)
Árbitro : Por designar
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”