Clara e Carmen, palistas do clube dumbriés no podio, (1 e 3).
O CDM Piragüismo Dumbria logra o terceiro posto na Copa Galega de Promocion
de Slalom celebrada en Covas – Portugal.
As rapazas, as grandes protagonistas da boa actuación do clube costeiro con
cinco medallas, 3 de elas de ouro.
Disputouse este pasado fin de semán do 20 e 21 de abril a segunda proba da Copa
Galega de Promoción de Slalom na vila portuguesa de Covas, en augas do río Coura,
aínda que organizada polo clube CDM Teixugos de Goián. A proba se celebrou nun
percorrido moi esixente para os competidores pola súa dificultade, pero foi moi do agrado
dos participantes.
En canto a actuación costeira, destacan as medallas de ouro de Clara Mancebo en K1
alevín femenino, Carmen Llaria no C1 alevín femenio e Vega Cives no K1 benxamín
femenino. Clara Mancebo repetiu podium sendo plata no C1, e Carmen tamén fixo bronce
no K1. Iera Lema, Clara López, Iván Llaria e Marcos Martínez non foron quen de subir ó
podium a pensar de facer boas mangas.
Próxima cita dos dumbrieses
A vindeira proba do CDM Piragüismo Dumbría é a Copa Galega de Promesas de slalom
que se celebrará o 5 de maio en Dumbría, no campo de Slalom de O Couquiño, e que
valerá os clubes galegos de preparación para a Copa de España de Promesas de Slalom
que acollerá o río Xallas o fin de semán do 17, 18 e 19 de maio.
Campaña de verán do CDM Piragúismo Dumbría.
Campaña de captación de piragüistas
Por outra banda, nos vindeiros días, o CDM Piragüismo Dumbría presentará a súa
campaña de captacion de novas incorporacións o clube baixo o lema “Necesitamos
Xente Valente”. Para máis información contactar con Concello de Dumbría, no Teléfono
629126623 ou en calquera das redes sociais do clube @piraguismod.
-Foto e Texto : Prensa CDM Piragüismo Dumbría