RUMOREASE QUE LUCAS PÉREZ ESTÁ BUSCANDO A RESCISIÓN CO CÁDIZ PARA VIRSE O DEPOR.

Sería todo un puntazo ver de novo a Lucas en Riazor.

 

Moito ruido está a facer nas redes o rumor de que Lucas Pérez está presionando a sua saida do Cádiz para virse o Depor. Xa quixo vir para disputar o Play-Off pero non puido ser, e agora sona con máis forza, tanto aquí coma en terras gaditanas, como na prensa española.

Nun twitt dun cadista podía lerse : “Todo un orgullo para el RC Deportivo que Lucas Pérez se quiera ir al equipo, y que estamos haciendo cuando un jugador de 1ª se quiera ir a un 2B…eso solo le puede pasar al Cádiz”.

Toda a prensa se fai eco do que podería ser un “misilazo”, pois xa consideramos de “bombazo” que Ibai Gómez decidise vir o Depor, e desoir cantos de serea de equipos da 2ª.

Lucas nos 3 anos que estivo aquí creo, (en contra dos críticos de sempre), deu todo o que tiña, as veces saíanlle as cousas ben, e outras mal, pero veuse aquí perdendo cartos e despreciando prazas nas que lle pagaban máis. Foise o Arsenal inglés deixando cartos, e sempre amosou amor a este escudo e a estas cores, tanto estando aquí, coma dende fora.

A rumoreada saida de Héctor Hernández, unida a contratación de Raúl García, e a fichaxe de Alberto Retuerta, (ambos laterais esquerdos), podería ser unha fonte de ingresos a venda de Héctor, para afrontar a chegada de Lucas, que falan de que cobraría en 4 tempadas, o que cobra no Cádiz, (algo máis de 1 millón de euros), esto menos creible, pero as contas casan.

De ser verdade, sería un plus coma un animal para o noso equipo. Tamén leín por Twitter, (creéndoo pouco), que a un concelleiro da Coruña o RC Deportivo, pideulle permiso para facer unha presentación na Torre de Hércules, símbolo da Coruña e unha das iconas de Galicia.

Haberá que esperar a ver hoxe e cada día ás 19:06 horas a ver o que se coce.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia