ASÍ QUEDOU O SORTEO DA “COPA DA COSTA DE VETERANOS”, QUE COMEZA ESTE DOMINGO 28 DE ABRIL.

SONY DSC

Comeza este Domingo a Copa da Costa de Veteranos

Co Mazaricos e o Buño disputándose a promoción de ascenso a División de honra de veteranos da costa, co primeiro encontro da final este Domingo en na Picota, (Mazaricos a partires das 11:15 horas, levouse a cabo o sorteo da Copa da Costa de Veteranos, a 9ª edición dende que colleu as rendas da competición a RFGF, pero que se levan disputadas moitas máis. 

A competición

Esta copa comezará o vindeiro  Domingo 28 de Abril cos Dazaseisaves de final, dos que quedarán exentos o Fisterra que esperará rival para Oitavos do choque Bértoa-Oza, tamén quedan exentos o Nantón e Buño que xogarán antre eles nos Oitavos que serán o 5 de Maio. Tamén quedan exentos da previa o Deportivo Carballo, que espera rival para Oitavos do encontro estelar Atlético Carballo-San Ramón, o campión da 1ª Galicia,  único equipo da costa que sumou vitorias en tódolos encontros da liga, contra o campión da División de Honra. Temos outro enfrontamento xa sorteado  en Oitavos, dos que non xogarán a previa, o Mazaricos-Coristanco.

Os Cuartos de final serán ó 12 de Maio, Semifinais ó 19 e a gran final, o 26 de maio. Tódalas eliminatorias a un só encontro.

 

-Enfrontamentos dos Dazaseisavos-

28/04/2023

Malpica-Cabana, ás 10:30 horas

Razo-Corcoesto, ás 10:30 horas

Ponteceso-Dumbría, ás 10:00 horas

Cances-Soneira, ás 10:30 horas

Bértoa-Oza, ás 10:00 horas

Zas-Corme, ás 10:30 horas

Soandres-Castriz, ás 12:00 horas

Sofán-San Lorenzo, ás 10:00 horas

Leiloio-San Román, ás 10:30 horas

Atlético Carballoo-San Ramón, ás 10:30 horas

 

Estamos elaborando os noso cadro gráfico coma de costume, para seguir a Copa.

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto arquivo : Coristanco campión 2013

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies