Kappa, patrocinador técnico do RC Deportivo, presentou hoxe da man do Club a segunda camiseta do Dépor 2022-2023, Galicia Verde, un deseño entre ambas as entidades no que a cor máis característica de Galicia, dos seus bosques e montes, o verde.

 

 

Dous tons da cor serven para ilustrar toda a camiseta con follas de piñeiro, un das árbores máis abundantes neses espazos verdes de Galicia. Ese mesmo ton empregado para as follas destaca en puntos determinados da peza como o pescozo, as mangas ou a cintura. O escudo en goma a cor e o ommini de Kappa, en branco na parte dereita e en ambos os costados da peza, completan o frontal da camiseta xunto ao logo de Estrella Galicia.

Nas costas, ademais do logo de ABANCA en branco, atópase, na parte posterior do pescozo o nome da camiseta GALICIA VERDE escrito coa tipografía creada especialmente para o Dépor polo deseñador galego Rubén Prol.

Como con Galicia Azul, con este modelo e a través de futuras accións, o RC Deportivo quere pór a disposición da sociedade o seu potente altofalante social para colaborar na difusión de campañas de concienciación de coidado e limpeza dos bosques, proxectos cos que colabora a través da súa Fundación para contribuír aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable de Nacións Unidas, concretamente ao 15: Vida de ecosistemas terrestres.

A segunda camiseta do Dépor para esta temporada, Galicia Verde, xa está a disposición do deportivismo nas DéporTiendas físicas e en www.deportienda.es.

-Fotos e Texto : rcdeportivo.es