ROLDA DE PRENSA PRESENTACIÓN DE ISI GÓMEZ : “O CHAMARME O DEPOR CAMBIOU TODO”.

Isi Gómez foi hoxe o que pasou ante a prensa. O xogador foi presentado polo presidente Antonio Couceiro. A sua fichaxe polo Depor desvelouna o presidente do Córdoba, que dixo que tiña un contrato con eles, pero que “prefireu irse o Depor”. O xogador o recibir a chamada do equipo branquiazul, non o pensou duas veces : “Tíñao avanzado co Córdoba pero a chamada do Depor cambiouno todo…Quería seguir crecendo, e este é un club histórico e sabemos a responsabilidade que ten”.

Xa se sinte identificado, e sabe o duro que foi o final da pasada tempada, pero só pensa en revertir iso : “Despois dun duro golpe queremos reforzarmos e podemos conseguir o obxectivo”.

Tamén falou da fichaxe de Ibai Gómez , e dixo que ,”vai dar experiencia ao equipo está tempada”. E que non lle sorprende que fichara polo Depor : “Sorprender non sorprende porque é un club histórico”.

-Todo o que dixo telo no vídeo.

-Foto : RC Deportio

-Texto : piratasdemuxia