ROLDA DE PRENSA DE BORJA JIMÉNEZ PREVIA AO SEGUNDO ENCONTRO AMIGABLE.

 

O Depor xoga este sábado o seu segundo amigable da pretempada ante o Racing Vilalbés en Vilaba. O adestrador Borja Jiménez, falou da actualidade do equipo, como a chegada de Alberto Retuerta e Ibai Gómez, e das posibles incorporacións, que poden ser en torno a 4 xogadores.

O segundo encontro amigable será este sábado 30 de xullo a partir das 18:30 horas no Campo Municipal da Magdalena en Vilalba.

O Racing Villalbés recibirá ao Dépor coa retransmisión en directo por parte da canle oficial de Youtube do Club grazas ao patrocinio de Integralmotion.es.

As entradas custan 10 euros, véndense anticipadamente para grupos a través do teléfono 600 799 853, de forma anticipada nas oficinas do club lucense e o propio día do partido nos despachos de billetes da Magdalena.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies