DUAS FICHAXES E DUAS RENOVACIÓNS NO BERGANTIÑOS FC FEMININO.

 

 

O Bergantiños FC informa da incorporación no Feminino de Bea Vila e Laura Muñiz para esta Temporada 22/23.

 

 

Bea Vila, extremo de Cariño (02/11/2002), procede do S.D. O Val de Narón . Antes militou no Club Deportivo Naron e na U.D. Cebarca nos que estivo dúas temporadas en cada un deles. Formada na base do Club Deportivo Cariño no que estivo ligada 15 campañas.

 

 

Pola súa banda a mediocentro, Laura Muñiz, (11/04/2003) procede do Victoria C.F. club ao que estivo ligada desde os seus comezos no fútbol.

 

 

Amáis destas fichaxes renovan por unha tempada máis a nosa porteira Alexia Suárez e a xogadora Paula Sieira.

 

-Fotos e Texto : Comunicación Bergantiños FC

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies