LUIS ALBERTO MARTÍNEZ SERÁ PROCLAMADO DE NOVO PRESIDENTE DA FEDERACIÓN DE PEÑAS DO RC DEPORTIVO O VINDEIRO 6 DE AGOSTO.

Luis Alberto repite como presidente das peñas.

 

Tralo remate do proceso electoral, no que só se presentou a candidatura de Luis Alberto Martínez, para liderar a Federación de Peñas do Real Club Deportivo da Coruña, pasouse ao trámite de reclamacións, das que non houbo ningunha, e paso previo o vindeiro sábado 6 de Agosto terá lugar a toma de posesión do presidente, que repite no cargo.

Será unha xornada electorla e lúdica. Primeiro a proclamación de Luis Martínez no Centro Cívico dos Mallos, (A Coruña) ás 19:00 horas, e logo haberá unha cea no Restaurante A Peneira, en torno ás 21:30 horas, para logo unha confraternización no Moon de A Coruña. Ambos actos con colaboración da Federación de Peñas do RC Deportivo, unha información enviada a tódalas peñas polos circuitos internos do ente federativo deportivista, de como será e os prezos para acompñantes de peñistas, que poderá haber 2 por peña.

 

Así queda a diretiva da Federación de Peñas do RC Deportivo :

Presidente: Luis Alberto Martínez Sánchez (La Cuesta)
Vicepresidente: Antonio Carlos Carballal Chas (A Torcida da Cabaña)
Secretaria: Patricia Fernández Carnero (Paixón Branquiazul)
Vicesecretaria: Patricia Cordo Ares (Faluya)
Tesoureiro: Constantino Freire Montes (Rompeolas)
Vogais: Manuel Fernández Álvarez (Chaflán)
             -Adrián Alcalde González (Perla de Arousa)
             -Manuel Xesús Figueira Mancebo (Bebel Guitiriz)
             -Xacobe Bestilleiro Rodríguez (Unai-Cheka)
             -Jose Manuel García Calvo (Caramuxo)
             -Rebeca Vázquez Arévalo (Camándulas RCD)
(Antre parénteses o nome das peñas as que pertence cada membro)
-Foto : DXT Campeón
-Texto : piratasdemuxia