Rolda de prensa conxunta de Martí, Tino e Carmelo

José Luis Martín foi presentado en Riazor.
-José Luis Martí : “Moi ilusionado e con convencemento no cadro sabendo que quedan 9 partidos complicadísimos, como é esta categoría”
-Rolda de prensa conxunta de Martí, Tino e Carmelo-
José Luis Martí Soler, (Palma de Mallorca 28/04/1975), (que así se chama e non Pep Lluis Martí), foi presentado en Riazor acompañado do presidente deportivista Tino Fernández e o Director Deportivo, Carmelo del Pozo, que tamén respostaron as preguntas dos xornalistas. José Luis Martí está segundo comentou : “Moi ilusionado, por chegar a un equipo histórico do fútbol español” e quer ir : “encontro a encontro, agora só pènso no próximo encopntro ante o Osasuna”. Dixo que ía a falar con tódolos xogadores para ir coñecéndoos e saber as suas inquedanzas e tratar de recuperar “dende xa”, para afrontar esta liga que lles queda de 9 encontros na procura do que todos pensa : “todos queremos o ascenso é o obxetivo do clube, tanto ten como chegue. Hai que estar todos unidos para conseguilo”, referíndose a si de maneira direta ou na promoción. Asinou por estes 3 meses e a vindeira tepada se se dan os obxetivos cumpridos.
ROLDA DE PRENSA DE : JOSÉ LUIS MARTÍ

(Por : rcdeportivo.com)
 

José Luis Martí foi presentado esta tarde na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR como novo adestrador do Real Club Deportivo para o que resta de temporada, cun ano máis de contrato en caso de ascenso. Acompañado polo presidente, Tino Fernández, e o director deportivo, Carmelo del Pozo, atendeu aos medios de comunicación cinco horas despois de aterrar na Coruña e 24 horas despois de confirmarse a súa fichaxe.

O primeiro en tomar a palabra foi o máximo mandatario, que comezou mandando “unha mensaxe a Natxo González e ao seu corpo técnico de agradecemento polo traballo realizado, pola súa ilusión, por vir a este proxecto e pola honestidade e intensidade profesional. Desexarlle sorte, que seguro a vai a ter, porque é un gran adestrador e unha gran persoa” para despois dirixirse ao novo técnico: “A José Luis agradecerlle a súa ilusión polo proxecto e desexarlle toda a sorte do mundo porque temos por diante un reto que podemos conseguir e estamos ilusionados para facelo”.

A resposta do técnico balear foi: “Darlle as grazas ao Deportivo por esta gran oportunidade e reto porque sempre é para todos é importantísimo vir a un Club histórico, a un dos grandes do fútbol español”. Chega “moi ilusionado e con convencemento no cadro sabendo que quedan 9 partidos complicadísimos, como é esta categoría”.

“As miñas liñas mestras son as de traballar, esforzarnos, implicarnos o máximo sabendo que temos unha distancia que recortar cos equipos que están máis arriba pero conscientes de que cada fin de semana só podemos sumar tres puntos gañando, que é o único que vale no fútbol. A maneira é xogando ben ao fútbol, sendo protagonistas, sendo un equipo valente, agresivo, levando o peso do partido e sufrindo cando toque. Tendo personalidade, sendo valentes, ambiciosos, presionando arriba e coas cousas claras”, aclarou sobre o seu estilo de xogo que quere pór en práctica desde o primeiro minuto: “O equipo que quero tense que ver a fin de semana, temos que marcarnos a meta de inculcar aos xogadores o que queremos desde mañá. Esa é a miña obrigación. Non podemos perder tempo porque coñezo a complicación e igualdade desta categoría. O máis importante é o que che poidan transmitir os futbolistas, cales son as súas sensacións, que é o que senten no terreo de xogo, como senten cómodos e axudarlles. Temos que darlles solucións porque eles teñen a profesionalidade, capacidade, o fútbol, a calidade nas súas botas”.

A pesar da prema de tempos non quere precipitarse: “Primeiro vou falar cos xogadores, a percibir e tocar ao grupo, e a partir de aí tomar decisións que teñen que ser o mellor para o grupo porque ao final, o que verdadeiramente necesitamos é que todos vaiamos xuntos: afección, xogadores, Club, corpo técnico, prensa…porque a todos nos une o mesmo, que é gañar. Canto máis unidos esteamos máis fácil vai ser conseguir as vitorias porque o que todos queremos é o ascenso. Dá igual como se consiga”.

Para Carmelo del Pozo, o cambio de adestrador foi “Unha decisión dura porque tivemos que deixar no camiño a un gran profesional e unha gran persoa, cunha dedicación enorme, pero a dinámica agora en puntuación e en fiabilidade non parecía que se puidese reverter. A dinámica e as sensacións non nos acababan de encher pero si que Natxo tiña o dereito de ter a posibilidade de que xogadores que criamos que eran moi importantes volvesen ao equipo. O adestrador entregouse en corpo e alma estes meses e eu entendía que era necesario dar esa marxe de tempo. As decisións, tanto presidente como consello, desde o primeiro día, apoiáronmas. As decisións son boas e malas depende do resultado, pero de inicio a decisión de contar con Natxo demostrouse que era boa”.

Para Tino Fernández tamén “É unha situación desagradable, esta e todas as anteriores, é un tema estatístico pero non me preopcupa porque se algún día deixo de tomar unha decisión que penso que é a que hai que tomar por unha estatística que me poida prexudicar creo que tería que deixalo. Todos os equipos que, pola razón que sexa, non cumpren coas súas expectativas, recorren a isto que quizá non sexa do todo xusto e non é algo que nos guste. Todos no fútbol somos en parte un personaxe e tamén coñeces ás persoas nesta actividade de alta intensidade emocional, polo que sempre che afecta. Eu vin bágoas de adultos con outros adestradores aos que me alegro que lles vaia ben agora mesmo adestrando”.

O presidente cre que: “Empezamos de cero unha competición de 9 partidos na que o Dépor está capacitado para gañar calquera partido porque xa demostrou que pode. A todos os que están por diante gañámoslles. Podemos pelexalo todo e imos facelo”

Sobre a resposta da afección após o último partido manifestou que: “Tentaremos seguir enganchándoos como institución con iniciativas para que sexa fácil vir e tamén coa clave dos resultados. O noso tesouro é Riazor e a nosa afección, que son os que máis nos queren aínda que é normal que se manifesten en sinal de desgusto polo xogo e a acumulación de malos resultados. Respéctoo e temos que convencelos con outros resultados”. Respecto que tamén mostrou ao regreso a ABANCA-RIAZOR do seu antecesor no cargo: “O presidente Lendoiro está sempre convidado o palco nun xesto de normalidade institucional e de respecto á figura dun presidente do Deportivo”.

++++++++++++++++++++++
 
 

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.