Natxo González despideuse do Deportivo en Abegondo

Natxo González despideuse do Deportivo en Abegondo

-Natxo González despideuse do Deportivo en Abegondo-
Como xa se avanzara onte Natxo González despideuse esta mañán do Deportivo, dos xogadores e da afección nas instalacións de Abegondo a carón de Carmelo del Pozo. Unha rolda de prensa que riazor.org trasmiteu en direto para o deportivismo. Amosouse contento de formar parte da histopria do Deportivo, dixo que lle gusta o novo adestrador José Luis Martí, ao que “coñezo da sua etapa no Tenerife e paréceme unha boa opción”, dixo que xa lle comentou ao director deportivo que : Martí é un bo tipo e creo que o Dépor acerta aínda que non teña moita experiencia pero creo que ten capacidade para coller este reto”. Non quixo extenderse dos motivos da sua destitución pero sí que dixo que : “non me colleu de sorpresa. Dixéronmo o día despois da derrota contra o Rayo, pero era algo que de algunha maneira xa me temía”. Abre a nova ao completo para ver algunhas das verbas de Natxo González e de Carmelo del Pozo na despedida do xa ex adestrador branquiazul, ao que lle agradecemos todo o traballo desenrolado no Depor e desexámoslle toda a sorte do mundo.

Carmelo del Pozo

“Natxo foi todo honradez. Demostrounos moitas cousas tanto no persoal como no profesional. Desde o club e desde a miña persoa só podo darlle as grazas e pedir desculpas se nalgún momento desde o club non che puidemos axudar”.

Natxo González

“Fai dez meses fixen as maletas coa miña familia para coller un proxecto ilusionante. Despois de nove meses e 33 partidos de liga, diríxome a vós por última vez desde aquí e non cun comunicado. Estarei eternamente agradecido a Carmelo por esta oportunidade e só podo dar as grazas por poder vir a este gran club. Encantoume a cidade, a gastronomía e coñecín ao mítico Barritos”.

“Vou tranquilo e mesmo diría que contento coa aprendizaxe que me levo este ano e que me servirán para o futuro. Non me vou decepcionado nin frustrado. Creo que conseguín un pouco o obxectivo que me marcaron. Non se que pasaría se tivese a oportunidade de seguir. O obxectivo está aí pero se que estou fóra polo rendemento do equipo estas últimas semanas e sobre todo por tocar fondo o outro día ante o Raio Majadahonda. Vou ben e tranquilo co traballo que fixen”.

“Quero dar as grazas á afección e entendo que é unha situación complicada. Pídolles que sigan animando e non dubidedes que este grupo respecta moito o escudo. Quizais o peso dese escudo está a pesar bastante. Se houbo algún malentendido coa afección pido desculpas. Aos medios de comunicación tamén quero darlles as grazas. Tratei de responder sempre con obxectividade. Grazas polo respecto e a obxectividade. Lévome un gran recordo de todos vós”.

++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-