PREVIA : RETORNA A COMPETICIÓN NA 3ª DA COSTA E NA LIGA DA COSTA CON 3 ENCONTROS O SÁBADO E 13 O DOMINGO, CON MOITOS DE ALTA ESIXENCIA.

O derbi Camelle-Camariñas é un dos choques destacados.

 

Esta fin de semana retornan a 3ª da costa e a Liga da costa con 3 encontros o sábado 13, (2 na Liga da Costa e 1 na 3ª da costa), e 12 o Domingo 14. Con elas tamén retorna todo o fútbol base eo de veteranos, xa que tal como vos viñemos informando coas previas e as crónicas post-encontro, a Preferente Norte, (so Sofán como único equipo costeiro), a 1ª Galicia G2, (co Esteirana, Baio, Dumbría, Fisterra e San Lorenzo), e as 3 ligas con equipos femininos, xa comezaron a semana pasada.

Destacar os choques na zona alta da Liga da costa, Corme-Muxía, Porteño Castriz, e Mazaricos-Ponteceso, os 6 primeiros xogan antre eles, e un Cee-Monte Louro por abaixo, así coma nesta mesma liga o derbi Camelle-Camariñas. e dous derbis malpicáns na 3ª da costa, o Malpica-Cerqueda e o Buño-Seaia. Menudo xornada para reiniciar a tempada e comezar o 2024.

Mañán colgaremos a axenda cos enfrontamentos, datas, e horarios de tódalas ligas, como cada semana de competición.

 

 

 

 

 

 

-Fotos e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies