O Soneira e o Oza tiveron un test para apromoción.
Aqúi tes o que deron de si os encontros xogados na tarde do sábado, un deles da Liga da Costa e 3 na 3ª da Costa. En ningún deles se xogaba nada polo que se puideron adiantar a esta sábado.
Na Liga da Costa xógase a derradeira xornada co campión, (SD Castriz), resolto, e os 4 que irán a promoción, (CF Muxía, CF Porteño, CF Mazaricos e Outes FC), e só falla saber quen baixará diretamente e para eso hai un CD Baiñas-Volantes de Baño FC, cos de Baño no descenso e cos de Baiñas fora, e ambos con 19 puntos. O que gañe quedará fora a expensas do que faga o CD Baio na 1ª Galicia G2, e un empate dará ao CD Baiñas ese derradeiro clavo o que aferrarse.
Na 3ª da Costa tamén se xoga a derradeira xornada de liga co Xallas FC campión fai semanas e ca dúbida quen o acompañará no ascenso direto. O Sofán B ocupa esa praza, pero esta semana descansa e será o UD Corcubión o que terá esa opción se gaña o Sporting Zas no Novo Cubaleiro, o que os levaría diretamente a Liga da Costa. Na promoción da que van a subir dous, están o que quede terceiro de sofanistas e corcubioneses, o Soneira SD, o SD Oza e queda por certificar a praza que ocupa o CF Lira que visita o SD Ameixenda que conta con 0 puntos no seu taboleiro.
Camariñas FC 5-1 SD Camelle
Bo ambente no Vicente Carril na tarde do sábado a pesares de que ningún dos equipos se xogaba nada, pero un derbi é un derbi. Ambos equipos chegaban con moitas baixas, ainda que o Camelle comparado con outros encontros ainda tiña 4 recambios, un deles porteiro, por 2 cambios os camariñáns. Os visitantes comezaron ben o encontro e pronto se poñería por diante cun tanto de Chori. Aguantaron ben os camelláns a un Camariñas sen prisas e que non reaccionou o gol recibido ata mediado o primeiro periodo cando Djibril aparecía para igualar as cousas, o choque seguía igual pero un novo gool, neste caso de Manuel, dáballe a remontada os camariñáns que xa se foron facendo donos do encontro. Nada máis sair David facía o terceiro e os camariñáns xa se facían donos e señores do encontro. Djibril repetía facendo o cuarto e sumaba o seu 33º gol da tempada situándose a 2 do Pichihci, Bruno do UC Cee. Ese gol afundía ao Camelle e o Camariñas. Mario pechaba a goleada para os de Cabrejo.
Goles : 0-1, Chori, (9´); 1-1, Djibril, (20´); 2-1, Manuel, (24´); 3-1, David, (49´); 4-1, Djibril, (51´); 5-1, Mario, (75´).
SD Oza 4-3 Soneira SD
Partido que se reeditará para a semana na promoción. Estes dous equipos xogaranse a dobre encontro o ascenso a Liga da Costa 2024/25, xa que este ano subirán os dous equipos que venzan na promoción. Non ensinaron as cartas de todo pero si que esto non vai ser doado, pois o Soneira púxose 0-3 no primeiro tempo sendo dono do encontro e o Oza saeu en tromba na segunda metade e remontoulle o resultado os vimianceses con ademáis 3 goles en 4 minutos. Non han de estar nada contentos os adestradores pola primeira metade duns e pola segunda dos outros.
Goles : 0-1, Javi García, (28´), 0-2, Fernando, (40´); 0-3, Gabri, (41´); 1-3, Hugo, (55´); 2-3, Pose, (74´); 3-3, Abib, (77´); 4-3, Pose, (78´).
UD Cerqueda 2-1 SCD Malpica
Derbi descafeinado no que ningún dos equipos se xogaba nada e que fai unhas semanas paarceía que ía a ser un duelo de loita por entrar na promoción. Tras unha primeira metade na que non se moveu o marcador pasouse a unha máis entretina e na que eran os de Uzal os que se adiantaban por medio de Pedro o fío da hora de xogo. Joel abría fenda no marcador co segundo dos cerquedenses no terradeiro tercio de encontro e Alberto no treito final encargábase de darlle emoción o choque ata o pitido final.
Goles : 1-0, Pedro, (59´); 2-0, Joel, (76´); 2-1, Alberto, (82´).
CD Nantón 4-1 SD Laxe
Despide a tempada o Nantón cunha vitoria traballada e na que foron superiores no segundo tempo o equipo laxense. O primeiro dos goles dos nantoneses chegaba pronto por medio de Javi Muiño. Mediada a primeira metade Bieito conseguína empatar para os laxenses, pero Fariña desfaría a igualada a favor dos das Fontiñas antes de irse o descanso. Na segunda metade a hora de encontro Iván Moreira poñía terra de por medio e pouco despois Javi Muiño sentenzaba o choque.
Goles : 1-0, Javi Muiño, (4´), 1-1, Bieito, (18´); 2-1, Fariña, (44´); 3-1, Iván Moreira, (63´); 4-1, Javi Muiño, (72´).
AXENDA DE TODO O FÚTBOL SENIOR DA COSTA MASCULINO E FEMININO
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”