O equipo fisterrán é o único que suma as 3 xornadas por vitorias, con 9 puntos, con 8 goles a favor e ningún en contra. O equipo de Cabrejo e Luces Cores, derrotaban na primeira xornada ao Laracha CF por 0-2, na segunda o CD Boiro polo mesmo resultado, pero no “Arasolis” e no terceiro repetían no seu campo e goleaban no derbi da costa ao Xallas FC por 4-0, con goles de Julián López, (2) e Aarón Lobelos, todos eles nunha segunda metade extraordinaria dos fisterráns.
Os seus perseguidores, que sumarán dous trunfos nas duas primeiras xornadas, Atlético Arteixo e Boimorto CF, non pasaban do empate sen goles, (0-0), ante CD Boiro e Puebla FC, respectivamente, polo que están agora a 2 puntos dos fisterráns. Os de Arteixo tamén teñen a sua porta a cero, os únicos cos de Fisterra.
4ª Xornada
Xallas FC-CD Boiro, ás 17:30 horas
SD O Pino-SD Fisterra, ás 17:00 horas
SD Dubra-Laracha CF, ás 17:30 horas
Puebla FC-Agrupación Estudiantil, ás 17:30 horas
*UD Paiosaco Hierros Añón-Agrupación Estudiantil, ás 16:30 horas
Atlético Arteixo-Sigüeiro FC, ás 12:00 horas
*Todos o Domingo 17/10 agás o do UD Paiosaco que é o sábado 16/10
-Foto e Texto : piratasdemuxia
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR