ROLDA DE PRENSA DE ÁLEX BERGANTIÑOS : “NOS DERRADEIROS ENCONTROS ESTAMOS A FACER MÁIS MÉRITOS CA PUNTOS”.

 

Álex Bergantiños pasou por rolda de prensa e nela foille “pasado” a mesma “folla de ruta” que a tódolos que pasan fronte a prensa deportivista, (e a que se cola no medio querendo aparentalo) : Primera pregunta, a “crise” : “Estámolo a afrontar con naturalidade. En Irún foi un partido no que o rendemento non foi o que reflectiu o marcador. Pero este deporte é así. Nos últimos encontros estamos a facer máis méritos que puntos, pero hai que afrontalo con tranquilidade. Sabendo o que fixemos mal e o que hai que mellorar. Temos que ter unha liña de estabilidade”.

O seu erro, no gol de Irún, ou de Jaime, ou máis ben de que isto é fútbol : “O maior erro é que me sorprende a acción. Non me esperaba que me desen ese balón nese tipo de accións. Quizá debería facer feito o control cara á fóra… foi a sorpresa de recibir a pelota e márcame o seguinte pase. Seguro que todos os que estabamos na acción, se volvésemos vivila decidiriamos de forma diferente. Son erros do xogo e hai que asumilos. É parte da nosa idea tamén e cando te equivocas pode penalizarche. Estou doído, porque lles canalizou o partido, toca asumir erros e corrixilos”.

De volta ca “crise” do equipo e as suas consecuencias, (lembrade que ainda acaba de comezar esto) : “Creo que si que é diferente. Inflúen varias cousas. O formato de competición, que che facía sentir todo máis urxente, pero tamén a confección do club e do persoal. É moi diferente. A xente que veu está afeita á categoría. A gañar e a perder. Saben que a importancia do Deportivo na categoría é grande, pero ao final a competición é a mesma. Iso axuda a que todo sexa máis natural. Como se gaña, como se perde… a xente teno claro desde o principi”.

E como tódalas semanas non podía faltar a pregunta sobre Noel: “O que me ten tranquilo con Noel é a propia tranquilidade que transmite el mesmo. Falas con el e velo. Eu tento transmitirlle que agora todo é bonito, positivo, coas estatísticas e cousas marabillosas; e meréceo porque rende de maneira excepcional. Pero o máis importante é que está a adestrar con intensidade o cento por cento dos minutos. Non se para. Os eloxios non o están parando e iso é o máis importante que podes ver nun xogador da súa idade. Ten esa ambición de seguir, de aprender… e está cunha predisposición excepcional”.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies