Xogadores do Camelle e Laxe no 2019 compartindo comellada no “Rodeiro”.
Nos clubes hai moitas maneiras de incentivar aos xogadores antes dun encontro decisivo, ou mesmamente premialos cun “cariño”, despois do mesmo, sexa cal sexa o resultado, pero se presumen de algo no SD Camelle, é de “Seda da boa”, como di o seu slogan, e en lugar de placa, colgante, bufanda, etc…aos seus xogadores tralo adestramento deste pasado venres, preparatorio para o encontro de hoxe sábado a partires das 17:30 horas no “Rodeiro” ante o SD Laxe, no que o que venza xogará a vindeira campaña na Liga da Costa, agasalláronos cun tarro de salsa de churrasco caseira, un “chimichurri”, “putapariola”, (como lle queirades chamar), que elabora Emerita Carracedo, especialista na mesma, e muller do presidente-fundador do clube camellán, Luis Romaní, e nai do “home para todo”, o seu fillo do mesmo nome.
No clube camellán presumen de ser unha familia e de ter unha das mellores afeccións da costa, e poderíamos estrapolalo a Galicia, e tanto nos adestramentos, como tralos partidos, teñen por costume que o mellor para recuperar forzas é un bo churrasco, e non lle fan ascos as veces a facer unha raxada, sardiñada, ou xurelada, pero o tanto por cento alto son churrascadas, co a salsa de Emerita que tanto lles gusta aos xogadores, de aí o agasallo.
-Foto e Texto :Xosé Búa “Pirata”