PREVIA DA VOLTA DA FINAL POLO ASCENSO A LIGA DA COSTA : “CAMELLE-LAXE, DOUS BARCOS E UN SÓ VIAXARÁ”.

 

Dous barcos e unha soa viaxe cun so detiño. Os dous entrarán na oferta pero só un acadará o flete a Liga da Costa. Na ida, nun encontro accidentado, o resultado foi de 1-1, nun choque igualado no que se adiantaron os camelláns por medio de Tereso aos 23 minutos de xogo, e empataban no desconto final os laxenses por medio de Gora. Neste primeiro envite da final saían lesionados, Felipe e José Manuel por parte do Laxe, tras un choque antre ambos, e que acabou cos dous no hospital, o primeiro con 20 puntos de sutura na frente e o segundo cun traumatismo craneoencefálico. Ambos recuperados espérase que estén na finalísima. Por banda do Camelle, o seu adestrador, Sergio “Crejo”, sufría nun encontro de veteranos co Sporting Zas a rotura de tibia e peroné, e espera estar, “ainda que sexa nunha cadeira de rodas”. Un dos puntos a favor para que con todo o que xa rodea este encontro, antre dous equipos cos que non se contaba ao inicio de tempada, é que só vale a vitoria, calquer empate no tempo regulamentario levaría o encontro a prórroga, e de seguir a igualada iríase a tanda de penaltis.

Se xa o Rodeiro é un dos campos máis animosos do fútbol da costa, de seguro que neste encontro será unha auténtica festa do fútbol costeiro, con afeccionados de ambos conxuntos e afeccionados de toda a bisbarra.

O noso desexo de que todo vaia do milloriño e que gañe o mellor.

 

Onces probables

SD Camelle : Roi ou David Caamaño, Quintelo, ou Huchiño, Martínsiño, Santi “Maka”, Estiven, Sergio, Carlos de Dido, Tereso, Adrián Pasantes, David Vázquez e Rodri “Crejo”. Adestrador : Sergio “Crejo”

SD Laxe : Jacobo, Mikel, José Manuel, Santi Casás, Iago Torres, Gora, Eloy, Miguel Torres, Bieito, Felipe e José Ángel. Adestrador : Eliseo Rama “Lilo”.

 

SD Camelle-SD Laxe

Día : Sábado 29 de Abril 2023

Campo : O Rodeiro

Hora : 17:30

Árbitro : David Castreje Ferrío

Árbitros asistentes : Diego grille e Alejandro Tato

Resultado na ida : 1-1

Resultados Camelle na semifinal : 1-1 en Zas e 3-0 no Rodeiro

Resultados Laxe na semifinal : 3-1 en Laxe e 0-1 en Buño

Resultados antre eles en liga : 2-0 en Camelle e 2-0 en Laxe

Datos na liga SD Laxe : 41 puntos de 15 gañados, 6 empatados e 5 perdidos

Datos na liga SD Camelle :  46 puntos de 13 gañados, 7 empatados e 6 perdidos

Datos como local SD Camelle : 7 gañados, 4 empatados e 3 perdidos

Datos como visitante SD Laxe : 6 gañados, 3 empatados e 4 perdidos

Goles a favor e encontra SD Laxe : 50/45

Goles a favor e encontra SD Camelle : 58/40

Máximo goleador SD Laxe en liga : Iago Torres con 14 en 25 encontros

Máximo goleador en liga SD Camelle : Adrián Pasantes con 13, (1 p), en 18 encontros

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”