O BERGANTIÑOS FC FEMININO DERROTA AO ATLÉTICO AROUSANA, (1-2) E SEGUE CON OPCIÓNS DE SER SEGUNDAS.

Trío arbitral e capitanas antes do comezo do choque.

 

Atlético Arousana 1-2 Bergantiños FC

Encontro no que as bergantiñanas gañaron e seguen con opción de ser segundas ca derrota do CD Lugio, agora 2 puntos por enriba e cun encontro por xogar para rematar esta fase de ascenso.

As carballesas tras errar boas ocasións na primeira metade, que acabou co resultado inicial, conseguían abrir o marcador cun tanto de Cruz, (46´). Non tardaban moito en igualar a contenda as arousans, cun tanto de Bárbara, (55´), pero pronto se poñían de novo por diante as carballesas cun gol de Inés. Non se moveu o marcador, pero ocasións tiveron as de Carballo, como para acabar cunha renda máis abultada.

 

 

O Bergantiños FC Feminino recibe na derradeira xornada ao colista SD O Val, e o CD Lugo, na loita pola 2ª praza, visita ao Sárdoma CF “B”. Unha vitoria carballesa e unha derrota luguesa daríalle o subcampionato as carballesas, e maiores opcións de ascenso.

 

 

-Fotos : Prensa Bergantiños FC

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies