O BETIS RIVAL DOS XUVENÍS NA COPA DE CAMPIÓNS, E MELLA MARCA E TRUNFA CON ESPAÑA.

O Deportivo Xuvenil xa sabe o que é gañar a Copa.

 

Sorteáronse os cruces da Copa de Campións Xuvenil

O Xuvenil A medirase ao Real Betis nos cuartos de final da Copa de Campións, que se xogará a partido único a próxima fin de semana en Sevilla, posto que a bética foi a bóla que saíu en primeiro lugar no sorteo realizado esta tarde nos locais da Federación Española de Fútbol.

Os verdibrancos son os campións do grupo IV da División de Honra con 111 puntos por diante do Granada CF, segundo con 107. En 42 partidos os béticos gañaron 35, empataron 6 e perderon 1. O seu balance goleador é de 113 tantos marcados e 17 encaixados.

Club Atlético de Madrid-C.Vigo, FC Barcelona-Valencia CF y Athletic Club-UD Las Palmas son os outros enfrontamentos.

Os gañadores accederá á final a catro que se xogará do 1 ao 5 de xuño nunha sede por determinar.

 

 

O Xuvenil A defende así o seu título de campión de España ao clasificarse para a Copa de Campións como o mellor segundo do sete grupos.

Na última xornada ligueira onte domingo, a 34ª, o Xuvenil A impúxose (2-4) en Cantabria ao Club Bansander, un rival da zona alta e moi fiable no seu campo, e tivo que esperar unha derrota do Granada CF, segundo do grupo IV, ante o CD Tomares, circunstancia que finalmente se produciu (2-1).

 

 

David Mella marca e fai 1ª a España

O dianteiro deportivista David Mella saíu de inicio por primeira vez no que vai de torneo no choque fronte a Serbia. O futbolista branquiazul adiantou a España cun soberbio dereitazo desde fóra da área no minuto 76. Jovan Milošević, de penalti no minuto 88, fixo o tanto do empate definitivo cando Serbia xogaba con dez por expulsión de Jovan Mijatović no minuto 78. Xusto despois do gol balcánico, Mella foi substituído por Miguel Carvalho.

Con este empate, España acaba a primeira fase como líder do Grupo C con 7 puntos e clasifícase para cuartos de final xunto a Serbia, que sumou 5. Bélxica, con 4, e Turquía, que perdeu os seus tres encontros, quedaron eliminadas.

Deste xeito, a selección española cruzarase en cuartos de final co segundo clasificado do Grupo D, Portugal, o vindeiro xoves 26 de maio.

 

-Foto e Texto : RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies