MUXÍA E CERQUEDA TOMAN VENTAXE NA IDA DA “COPA DA COSTA CADETE”.

SEMIFINAIS COPA DA COSTA CADETE”

Gran encontro do Muxía na Arliña.

 

Na tarde deste festivo do Día das Letras Galegas xogáronse os dous encontros da ida de semifinais da Copa da Costa Cadete, dos que a volta xogarase o vindeiro sábado. Neles os muxiáns goleaban ao Xallas FC, namentras que os cerquedenses derrotaban pola mínima ao ED Os Miúdos. 

 

UD Cerqueda 1-0 ED Os Miúdos 

Día : 17/05

Hora : 18:00

Campo : Xaviña, (Buño)

Árbitro : Pablo Rama Cotelo

Un tanto de Manuel Rodríguez aos 77 minutos de xogo dalle a ventaxe pola mínima ao equipo cerquedense para a volta en Muros.

 

Muxía CF 5-1 Xallas FC

Día : 17/05

Hora : 17:30

Campo : A Arliña, (Muxía)

Árbitro : David Vázquez Lema

Encontro igualado na primeira metade na que se adiantaban os muxiáns por medio de Jesús Manuel aos 23 minutos de xogo. Empataba para os xalleiros Ángel Varela no 34. Xa na segunda metade Pablo Rodríguez poñía por diante de novo aos muxiáns, que nunha boa segunda metade acababan goleando con tantos de Javi Vilela, (55´), Martín Barrientos, (70´) e Eloy Sambad, (77´), colleitaban unha boa ventaxe para o encontro de volta, que non definitiva, coñecendo esta categoría.

 

Os encontros de volta o vindeiro Domingo 22 de Maio.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies