CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER
Cadete do Fisober FSF en Lugo.
Compartindo horario na tarde do domingo xogaban o cadete e o infantil masculino.
Na Liga Galega Cadete Masculina no seu grupo Norte o Fisober visitaba ao Ribeira B no PM Casa do Deporte en Lugo dentro da 28ª xornada de liga con triunfo por dous a catro para os costeiros.
Polo Fisober formaron: Brais, Pablo Costa, Javi, Álex, Iago Larrañaga. Tamén xogaron: Adrián, Yonatan, Leo, Adan.
Os goleadores costeiros foron Adrián en tres ocasións e Álex.
Os colexiados foron Óscar Lorenzo e Richard Chafloque.
A vindeira semana chega a Dumbría o Imafer Parrulo B.
Fisober e Liceo na pista coruñesa.
Na Liga Galega Infantil Masculina no seu grupo Norte polo título o Fisober visitaba ao Colegio Liceo no P. do Colegio Liceo dentro da 18ª xornada de liga no partido que pechaba a tempada con triunfo de seis a un para os locais.
Polo Fisober formaron: Miguel, Eloy, Iago Insua, Juan Emilio, Pablo Taboada. Tamén xogaron: Arturo, Mario.
O gol costeiro foi obra de Juan Emilio.
Os colexiados foron Nicolás Villegas e Santiago Modroño.
-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad