DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS DA COSTA
O Dumbría quedou descolgado da loita polo título.
Xogouse no día de onte, “Día das Letras Galegas” a penúltima xornada da División de Honra de Veteranos, tal como vos contamos nas crónicas da pasada xornada e previa desta.
Se a pasada xornada o lider San lorenzo apartaba da loita polo título ao Ponteceso, tras derrotalos no seu campo, (2-3), onte era o Sporting Zas o que apartaba desta loita ao Dumbría, rival direto, (4-2), o que fai que na derradeira xornada de liga, o vindeiro Domingo, o San Lorenzo, que derrotaba con contundenza ao Porteño, (8-4), dependa dél mesmo para levarse o título de campión, pola sua banda, o Sporting Zas, a 1 punto, esperará que erren os de Berdillo, e non errar eles, polo que todo queda para a xornada final.
Destacar a capacidade goleadora dos equipos, que tan só quedaron 3 sen marcar, dous deles, Cabana e Ponteceso, que empataron a ceros, (0-0), O resto fixeron un total de 42 goles en 6 choques.
RESULTADOS
25ª Xornada
(Domingo 17/05/2022)
Sporting Zas 4-2 Veteranos CF Dumbría
SD Corcoesto 5-5 ACD San Román
Mazaricos CF 5-4 Arasolis FC
CD Razo 1-2 Castríz SD
Cabana SD 0-0 ADC Vet. de Ponteceso
San Lorenzo SD 8-4 Porteño Veteranos
ACD San Ramón Vet. 2-0 SD Coristanco
CLASIFICACIÓN
TABLA MÁXIMOS GOLEADORES
José M. Suárez, (Dumbría) : 29 goles en 22 encontros
Toniño, (SD Coristanco) : 23 en 20
César Ferreiro, (Sporting Zas) : 21 en 20
Alberto Marcote, (Arasolis FC) : 18 en 21
Edgar Rey, (San Lorenzo SD) : 17 en 24
Martín Ferreiro, (Sporting Zas) : 17 en 25
Carlos Fernández, (San Lorenzo SD) : 16 en 23
26ª Xornada
-Derradeira xornada de liga-
(Domingo 15/05/2022)
ACD San Román – Sporting Zas 11-3
Arasolis FC – SD Corcoesto
Castríz SD – Mazaricos CF
ADC Veteranos de Ponteceso – CD Razo
Porteño Veteranos – Cabana SD
SD Coristanco – San Lorenzo SD
Veteranos CF Dumbría – ACD San Ramón Veteranos
-Foto : Veteranos Dumbría FaceBook
-Texto : piratasdemuxia