MARÍA SAMPAIO NOVA FICHAXE DO DEPORTIVO FEMININO, QUE RENOVA A PATRI LÓPEZ UN ANO MÁIS.

 

María Sampalo Pérez (Guadalcacín, Cádiz, 5 de decembro de 1999) converteuse en nova xogadora do Deportivo ABANCA de cara ao exercicio 2021-2022.

A porteira andaluza, que chega procedente do Madrid CFF, ten no seu haber cinco temporadas de experiencia na máxima categoría do fútbol nacional, ademais de alcanzar a internacionalidade tanto en categoría sub-19 como en sub-20.

A carreira de María Sampalo desenvolveuse no CD Guadalcacín (2012-2013), Sevilla FC (2013-2015), Sporting Huelva (2015-2016), Málaga CF (2016-2017), EDF Logroño (2017-2019), CA Osasuna (2019-2020) e Madrid CFF (2020-2021). O seu paso pola Primera Iberdrola produciuse nos seus dous cursos nas filas sevillistas (con só 14 anos), a súa única campaña no cadro onubense, a segunda nas filas rioxanas e o curso pasado na formación madrileña.

O gran momento de María Sampalo coa selección española produciuse en 2016, cando foi convocada para o Mundial sub-20 cando soamente tiña 16 anos, compartindo portería con Mariasun Quiñones e Amaia Pena. España caeu en cuartos de final ante a futura campioa, Corea do Norte, na prórroga (3-2). A nova gardameta branquiazul coincidiu naquel vestiario coa Deportivista Ainoa Campo.

 

 

Patricia López Andrés (Melide, A Coruña, 29 de outubro de 2000) continuará unha temporada máis nas filas do Deportivo ABANCA.

Patri López cumprirá así a súa sexta campaña no conxunto branquiazul, aínda que non saltou ao terreo de xogo de Ponte dos Brozos (Arteixo) o 4 de setembro de 2016 fronte ao Oviedo Moderno CF, no primeiro partido oficial da historia do Deportivo ABANCA, e durante o curso 2017-2018 militou cedida no CPM Friol. Co primeiro equipo, a polivalente futbolista melidense xogou case sempre como lateral, principalmente pola esquerda.

A súa estrea oficial co primeiro equipo deportivista produciuse na segunda xornada da primeira temporada do Deportivo ABANCA, a 2016-2017, fronte ao Real Sporting de Gijón en terreo asturiano, o 11 de setembro de 2016.

Ademais da cesión ao CPM Friol, Patri López ha ir alternando participacións co Dépor ABANCA e o Dépor ABANCA B. Co primeiro equipo acumula 44 encontros (16 en Primera Iberdrola, 27 en Segunda División e 1 en playoff de ascenso a Primeira) e 4 goles (todos en Segunda) en competicións oficiais.

-Foto Sampaio : www.futbolisticas.com

-Foto : Patri : RC Deportivo

-Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies