O DEPORTIVISTA LIONEL SCALONI FAI A ARXENTINA CAMPIONA DE AMÉRICA, ALGO QUE MOITOS OUTROS NON FORON CAPACES CON MELLORES XOGADORES.

 

Un gol de Di María foi suficiente para que a Selección de Arxentina se proclamase campiona de América en Río de Xaneiro, ante a anfitriona Brasil.

O deportivista Lionel Scaloni consigueu como adestrador, a pesares de ser moi criticado no seu país, o que moitos outros non foron capaces, a pesares de ter nas suas filas a un elenco de xogadores do mellor do mundo.

A nosa máis cordial noraboa a Scaloni, todo un campión…E a tódolos arxentinos/as, e en especial a enorme colonia de galegos/as dese país irmán, no que hai numerosos deportivistas que tamén estarán de celebración. Así coma aos arxentinos/as que está no noso país e polo mundo adiante, que hoxe camiñaran cun sorriso e co peito hinchado de orgullo.

-Foto : Google 

-Texto : piratasdemuxia