O EXTREMO COLOMBIANO, JUERGEN ELITIM, 10ª FICHAXE DO DEPOR 2021/22.

 

Unha vez máis o RC Deportivo anúncianos unha fichaxe para o primeiro equipo ás 19:06 horas, facendo un chisco ao 1906, ano de fundación do clube. O mesmo está a pasar cas rapazas, para ás que os anuncios chegan ás 20:16, facendo tamén referenza o ano de fundación do equipo.

Desta volta e a Deus gracias, sen filtracións, chega por sorpresa a 10ª incorporación, o extremo colombiano, Juegen Elitim. Unha proba máis de que o ERE que vai facer o clube é para descargarse de soldos illonarios de xogadores que non queren negociar a baixa os seus contratos. Doutra maneira non levaríamos 10 fichaxes.

Juergen Farid Elitim Sepúlveda (Cartaxena de Indias, Colombia, 13 de xullo de 1999) converteuse, pendente de recoñecemento médico, en novo xogador do Real Club Deportivo para a próxima temporada.

Elitim, que actúa como mediocentro ofensivo e extremo, chega cedido por unha campaña por parte do FC Watford, club ao que pertence desde 2018. Marbella FC (58 partidos) e Ponferradina (41 partidos dos 42 da temporada pasada) referencian en España a carreira do novo futbolista colombiano.

54 partidos e 3 goles en Segunda B, 41 en LaLiga SmartBank, 3 de Copa do Rey e 1 de promoción a Segunda déixano a un partido do centenar no fútbol español, cifra que alcanzará vestindo a camiseta do RC Deportivo. O xogador incorporarase o vindeiro mércores ás sesións de traballo do equipo.

 

“Dende Os Piratas de Muxía e piratasdemuxia.es, a nosa benvida a Juergen, que a sua sorte será a nosa…que teñas boa proa!!!”.

 

-Fotomontaxe : piratasdemuxia

-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies