AXENDA DE TODO O FÚTBOL SENIOR MASCULINO, FEMININO E VETERANOS DA COSTA PARA ESTA FIN DE SEMANA DO 13-14 DE XANEIRO 2024.

O Muxía visita o Corme neste inicio de ano da Liga da Costa.

 

Aquí tes nun só artigo e en cómodas táboas os encontros, datas e horarios, de tódalas ligas senior tanto masculinas como femininas, e de veteranos.

Esta fin de semana retornan a 3ª da Costa e a Liga da Costa con 3 encontros o sábado 13, (2 na Liga da Costa e 1 na 3ª da Costa), e 12 o Domingo 14. Con elas tamén retorna todo o fútbol base eo de veteranos, xa que tal como vos viñemos informando coas previas e as crónicas post-encontro, a Preferente Norte, (so Sofán como único equipo costeiro), a 1ª Galicia G2, (co Esteirana, Baio, Dumbría, Fisterra e San Lorenzo), e as 3 ligas con equipos femininos, xa comezaron a semana pasada.

Destacar na 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago o Esteirana-Dumbría e os choques na zona alta da Liga da costa, Corme-Muxía, Porteño Castriz, e Mazaricos-Ponteceso, os 6 primeiros xogan antre eles, e un Cee-Monte Louro por abaixo, así coma nesta mesma liga o derbi Camelle-Camariñas. e dous derbis malpicáns na 3ª da costa, o Malpica-Cerqueda e o Buño-Seaia. Menudo xornada para reiniciar a tempada e comezar o 2024, nas duas ligas netamente costeiras.

No fútbol feminino o Bergantiños tratará de sumar un trunfo ante o segundo clasificado para abrir fenda no liderato, e na 2ª División Galega Xallas e Cee tratarán de sumar de 3 para engancharse nos postos de loita pola permanenza, namentras que na 3ª División o Dumbría irá a pola vitoria para volver a coller o liderato, xa que o Corme, actual lider, descansa, e o Muxía que descansou na primira cita deste 2024, tratará de recuperar a senda do trunfo e seguir na loita pola liga.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

-Foto, texto e táboas : Xosé Búa “Pirata”

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies