AINHOA MARÍN NOVA XOGADORA DO DEPORTIVO FEMININO E CONCERTADO O PRIMEIRO AMISTOSO DO DEPOR MASCULINO QUE SERÁ EN VILALBA.

 

 O Depor abrirá os amistosos un ano máis en Vilalba

O partido clásico de cada verán, en moitas ocasións, como esta, o primeiro de cada pretemporada, abrirá o calendario de citas amigables do Dépor 2021-2022. O campo municipal da Magdalena (Vilalba), sede tamén durante anos das pretemporadas do RC Deportivo, será o escenario do debut do equipo de Borja Jiménez.

O RC Villalbés-Deportivo de 2021 disputarase o sábado 24 de xullo a partir das 19:00 h. na Magdalena.

É a primeira das datas dun calendario de pretemporada que se irá confirmando nos próximos días.

 

Ainhoa Marín outro reforzo para o Deportivo Feminino

Ainhoa Marín Martín (Badalona, Barcelona, 21 de marzo de 2001) converteuse en nova xogadora do Deportivo ABANCA para a Temporada 2021-2022.

Ainhoa Marín xoga como dianteira e chega procedente do CE Seagull da súa localidade natal, co que a pasada temporada actuou en Reto Iberdrola. Ainhoa Marín xogou 23 partidos e anotou 7 goles, axudando ao seu equipo a alcanzar a novena praza do Grupo Norte e asegurar a súa continuidade na categoría de prata.

Formada nas categorías inferiores (xogou en infantil, cadete e xuvenil) do FC Barcelona, en 2018 fichou polo RCD Espanyol despois da súa única temporada nas filas do equipo B azulgrana. Xa como xogadora espanyolista foi protagonista dunha das maiores xestas do fútbol español, xa que formou parte da selección sub-17 que proclamouse campioa do mundo da categoría a finais de 2018 en Uruguai. Naquela selección tamén xogaba a ex deportivista María Méndez.

Despois de dúas campañas no RCD Espanyol, nas que acumulou 31 partidos e 1 gol en Primera Iberdrola, o pasado verán incorporouse ao CE Seagull.

Ainhoa Marín foi, ademais, internacional con España en categoría sub-19, compartindo convocatorias coa deportivista Carlota Sánchez e coas tamén novas xogadoras branquiazuis María Ruiz e Paula Gutiérrez, e sub-20, onde coincidiu coas ex deportivistas María Méndez, Teresa Abelleira e Athenea del Castillo.

-Fotos e Texto : RC Deportivo

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies