JUAN CARLOS MENUDO O PRIMEIRO EN PASAR POR PRESENTACIÓN E ROLDA DE PRENSA : “VIMOS CON MOITAS GAÑAS, FAME E ILUSIÓN”.

 

Trala primeira toma de contacto co céspede e cos compañeiros vestidos de corto, hoxe comeou a rolda de presentacións e xa puidemos escoitar un pouco máis das impresións dun dos novos, despois da “Rolda Expréss” do pasado xoves, ca contestación a unha única pregunta a cada un dos novos.

A primeira incorporación do Depor 2021/22, foi, Juan Carlos Menudo Domínguez (Sevilla, 18 de xuño de 1991), que fichou para as dúas próximas temporadas após finalizar a súa vinculación co CD Numancia.

Formado nas categorías inferiores do Sevilla FC, o centrocampista ofensivo estreouse na categoría de bronce do fútbol español co filial hispalense disputando 38 partidos e anotando 5 goles.

A partir de aí iniciou a súa carreira en diferentes clubs da categoría, o primeiro deles, o FC Cartagena en dúas temporadas sumando 82 partidos e 16 tantos. Entre ambas, disputou unha campaña na UD Logroñés con 38 encontros e 11 dianas. A súa seguinte etapa, 74 partidos na SD Ponferradina, 40 no Melilla, 26 na Cultural e Deportiva Leonesa e 25 o pasado curso no CD Numancia de Soria, anotando 14, 6 e 10 goles respectivamente.

67 tantos en 122 partidos no Grupo I, 22 no II, 145 no IV, 6 de Fase Intermedia, 10 de promoción e 18 de Copa de SM El Rey, para sumar un total de 323 encontros que marcan a carreira de Menudo antes de recalar no Real Club Deportivo, ao que chega como primeiro reforzo de cara á temporada 2021-2022.

O xogador que foi presentado en Abegondo acompañado do presidente Antonio Couceiro, tirou dos típivos tópicos de inicio de pretempada, e máis tendo en conta que ata o de agora, só podería falar da comida e das instalacións do clube, pois do resto, pouco leva vivido e pasado, pero soubo quedar ben e decir o que nos esperábamos dixese : “Están a facerse as cousas ben, ficháronse a xogadores da categoría e todos vimos con moitas ganas, fame e ilusión. Seguro que virán momentos duros, pero tamén outros bos, pero o ambiente do vestiario vai axudar”, como decíamos nada novo baixo o sol.

Falou das suas primeiras impresións sobre Borja Jiménez : “Desde a primeira hora deunos as súas pautas e as súas ideas e a cousa pinta ben, están a facerse as cousas ben e todo isto está a xerar ilusión tanto desde fóra como dentro”.

Tamén foi preguntado, sobre a que vai a ser a pregunta estrela deste inicio de pretempada : “Que tal o ERE anunciado polo club?, e a contestación, igualmente sen sairse do guión, algo por outro lado, moi natural e que vai a ser a mesma de todos os que llas fagan dos novos, (outra cousa sería facerlla a algún dos que non queren adaptarse a situación actual do clube, que por outra banda, é culpa deles, de non haber acadado o obxetivo para o que foron fichados e polo que tanto se lle pagou: «Dánseme moi mal as matemáticas, a min o que se me dá ben é a pelota. Vimos xogar e só podemos levalo coa maior tranquilidade posible», sinalou Menudo, como decinos, dentro do topicismo e da corrección, ante un asunto que non lle toca para nada.

 

 

-Foto : RC Deportivo/piratasdemuxia

-Texto : piratasdemuxia