ACTUALIDADE DE CLUBES DA COSTA CON FICHAXES, RENOVACIÓNS, NOVAS : CAMARIÑAS FC, LARACHA CF, SONEIRA SD, XALLAS FC, SD FISTERRA, MUXÍA CF, UC CEE, BERGANTIÑOS FEMININO…

 

O Camariñas FC vai collendo forma

 O primeiro en apuntarse foi o adestrador Juan Cabrejo, logo o seu segundo, Pepucho, aos que se une Faus, tres homes da casa. Despois viñeros as renovacións de Mouriño, Pablo Novo, e Saviola. A primeira fichaxe foi o meta, Jorge, a renovación de Nazo, e agora anúnciannos a fichaxe de David, procedente do CF Dumbría. Ademáis o clube camariñán presentou a sua nova diretiva, con, coma sempre, Vicente Carril o fronte.

Sétima fichaxe do Laracha CF

O defensa José Manuel González Gómez (17/4/1991) convértese na sétima fichaxe do Laracha para a tempada 2022/23, na que o primeiro equipo competirá en Primeira Galicia. Yosi González, de 31 anos, ten unha dilatada traxectoria en Terceira División. Despois de formarse nas categorías inferiores do RC Deportivo, xogou no Ordes, o Fabril, o Somozas e o Cerceda. Unha das súas últimas experiencias futbolísticas foi, precisamente, en Primeira Galicia, sendo peza crave no ascenso do Montañeiros a Preferente Autonómica fai catro tempadas. Yosi é un defensa polivalente que pode actuar en calquera das posicións da liña de catro: ambos os laterais e central. Achegará experiencia, liderado e saber estar ao equipo de Rubén García.

Ángel López adestrará o SD Fisterra de novo

Volve de novo a tomar as rendas do equipo do seu pobo, Ángel López. Tócalle ao adestrador fisterrán de tomar as rendas dun equipo que tras ser campión da Copa da Costa, e facer unha boa campaña na Preferente, fóronselle moitas pezas clave. O SD Fisterra cae nas mans dun dos grandes adestradores da Costa.

Duas altas e duas baixas no Bergantiños Feminino

O Bergantiños FC comunícanosa que Lara López e Inés González seguen a formar parte do noso Feminino para esta Temporada 22/23. As xogadoras continúan por segundo ano consecutivo sendo as nosas Guerreiras nesta 1° División Galega. Informamos amáis que as capitanas Tati Túñez e Lore Suárez causarán baixa para a vindeira tempada. O club agradécelle o seu enorme compromiso e esforzo mostrado todos estos anos. Desexámoslle ás dúas moita sorte no seu futuro.

O Xallas FC comeza a formar equipo

Trala toma de posesión do presidente, Javier Silvariño, o Xallas FC xa comeza a tomar forma. A primeira decisión foi trocar de adestrador, e no seu lugar será Adrián Vázquez, outro dos movementos é a primeira renovación, a do goleador, Álex Blanco, que sumará a sua sétima tempada no equipo xalleiro.

Aarón Fernández volve o SD Soneira

Se fai un día anunciábannos a volta dos irmáns, Ricardo e Alberto Álvarez, do Vía Rápida, agora é outro o que volta o clube vimiancés, trátase do muradán Aarón Fernández. Ademáis renovaron, Brais Mouzo, Sergio, Álex Figueiras, chrgaron, Borja Gándara e Fabián García, e renovaron : José Gesto “Alemán”, Fran Calvo, o corpo técnico, (Pedro Gómez e Pichón), Pichi, Basti, Darío, Mayor, De la Sierra, Brais Pereira, Ángel, Javi Souto, Coke, e “Maki”.

O Muxía CF anima aos nenos a apuntarse os seus equipos de base

Campaña do Muxía CF para animar aos nenos do concello e da zona a apuntarse aos equipos de base, nas categorías de benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil. Os nenos nados antre os anos 2013-14, (inclusives), poden apuntarse aos benxamíns. Antre o 2011-12, a alevíns, 2009-2010, infantís, 2007-2008, cadetes e 2004-2006, xuvenís.

O ciontancto para calquer dúbida despexaranllo no 606 816 086, ou por medio das redes sociais do clube.

Asemblea do UC Cee o vindeiro mércores

Este vindeiro mércores 27 de Xullo, terá lugar a Asemblea Xeral de Socios do UC Cee, (Liga da Costa), na sede do clube, sita no antigo instituto 2Agra de Raices”. A primeira convocatoria da cita será ás 20:00 horas, e media hora máis tarde a segunda. Nesta xuntanza cos socios farase balanzoi económico e deportivo da pasada tempada, así coma o planeamento da 2022/23 e os rogos e preguntas dos socios.

Se queres que informemos dos movementos e novas do teu equipo, sexa do deporte que sexa contacta connosco en info@piratasdemuxia.es ou no whatsapp 626 72 00 47, así coma se che interesa publicitar o teu negocio. Cada día en torno a 60.000 visitas.

-Foto : Camariñas FC

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies