O DEPOR VENCE NO PRIMEIRO AMIGABLE DA PRETEMPADA, (0-3).

 

Atlético Arteixo 0-3 Depor

Típico encontro de principios de pretempada que lle sirveu a ambos equipos para adestrar de maneira máis intensa. Nada se pode sacar dun encontro destes, máis ca matar o desexo de ver ao equipo, sexa dunha banda ou da outra. Máis de 25.000 persoas viron o encontro en direto pola canle de YouTube do RC Deportivo.

Borja Jiménez dispuxo primeiro dun equipo cargado de canteiráns, dando entrada na segunda a outro equipo con tódolos fichaxes.

Atlético Arteixo: Jesús Jurado, Iván, Antonio (Nico Clouston, min. 45), Dani López (Dani Viqueira, min. 23), Jerome (Nimo, min. 62), Pablo Naya (Mauro Lois, min. 45), Ernesto (Adrián Otero, min. 45), Hugo García (Óscar, min. 23), Sergio Pereira (Hugo Piñeiro, min. 62), Aitor (Pablo Ramos, min. 45) e Marcos Rodríguez (Xavi Foliadoso, min. 45).

RC Deportivo: Mackay, Antoñito, Lapeña, Álex Bergantiños, Marcel, Jairo, Villares, Soriano, Quiles, Ochoa e Yeremay (Primeiro tempo). Edu Sousa (Pablo Brea, min. 74), Brais Val, Jaime, Puerto, Raúl Carnero, Olabe (Jairo, min. 80), Rubén López, Isi Gómez, Víctor Narro, Santamaría e Mella (Segundo tempo).

Goles: 0-1 Martín Ochoa (min. 25); 0-2 Yeremay (min. 31); 0-3 Jaime (min. 83).

Árbitro: Alejandro Castro Alarcón (c. Galego). Amoesto a Pereira (min. 50) e Nimo (min. 73).

Incidencias: primeiro partido da pretemporada do Dépor 2022-2023, Dépor Xira Integralmotion, disputado no campo municipal de Ponte dos Brozos (Arteixo) co Trofeo Santiago Apóstolo en xogo. Cheo nas bancadas. Antes do partido, o Atlético Arteixo realizou unha homenaxe a Arsenio Iglesias, adestrador máis lendario da historia do RC Deportivo, fillo predilecto de Arteixo, a súa localidade natal, no estadio situado na avenida que leva o seu nome. O seu tres fillos e os netos recibiron o agarimo de todos os arteixanos e deportivistas presentes.

Gorka Santamaría : “Típico partido de pretemporada onde as pernas están con moita carga, estamos imprecisos. Chegamos moitas veces por fóra pero non conseguimos conectar comigo, cos extremos contrarios. O rival tamén xoga, púxonos as cousas difíciles pero é un partido de pretemporada, onde houbo moita imprecisión. O tema era coller quilómetros nas pernas, ir collendo ritmo de competición e boas sensacións”.

 

 

 

-Foto : rcdeportivo.es

–Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia