O CEENSE, RUBÉN GARCÍA, SERÁ PRESENTADO HOXE COMO NOVO COORDINADOR DO FÚTBOL BASE DO LARACHA CF.

Rubén García será presentado oficialmente hoxe.

 

Rubén García, que recentemente acadou a proeza de ascender a Segunda Galicia ao Suevos CF, colléndoo a inicio de ano na 7ª posición cos mesmos números co 9º, nunha liga de 13 equipos, vai ser presentado no día de hoxe nun acto na Casa de Cultura do Concello da Laracha.

Na traxectoria do ceense, de Estorde, afincado en Arteixo, Rubén García, que xa foi xogador do Laracha CF, ten como adestrador de base, ascensos co Atlético Arteixo Cadete, (a Liga Galega 2012/13), e co Cerceda Xuvenil, (2014/15). Ademáis como xogador ascendeu sendo un neno co Conxo a Liga Nacional.

Como adestrador senior, ascendeu co CD Boiro a 2ª B, sendo segundo de José Luis Lemos, actual adestrador do Bergantiños FC. Como xogador, militou no Conxo, Calasánz, Atlético Arteixo, Laracha, Cerceda, Dumbría, Club do Mar de Caión, ou Fisterra, antre outros, nestes a un gran nivel e en ligas importantes.

Dende piratasdemuxia.es desexámoslle toda a sorte do mundo a Rubén, moi vinculado a nosa web dende sempre, sendo o creador do formato da nosa web no 2007, e asíduo colaborador da mesma.

-Foto : Rubén García

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies