PREVIA FINAIS DE INFANTÍS E XUVENÍS DA COSTA : “ESTA VINDEIRA FIN DE SEMANA, OUTES E XALLAS, EN CADETES, E SOFÁN E CABANA EN XUVENÍS, LOITÁN POLO TÍTULO E POLA PROMOCIÓN”.

O Xallas parte con vantaxe nos cadetes.

 

FINAL XUVENÍS

Este vindeiro sábado 23 de Abril xógase a volta da final polo título absoluto da costa e un posto na promoción de ascenso a Liga Galega Xuvenil no campo carballés de “O Carral”, (Sofán). No encontro de ida desta final o SD Sofán derrotaba ao Cabana SD por 0-1, cun gol “in extremis” no tempo de desconto final. O encontro será a partires das 17:30 horas.

FINAL INFANTÍS

Outes FC e Xallas FC xogánse o vindeiro Domingo 24 de Abril o título de campión absoluto da costa e un posto na promoción de ascenso a Liga Galega Cadete no campo “O Conchido” da Serra de Outes. Os xalleiros parten ca ventaxe de 4-2 do encontro da ida, a pasada semana en Santa Comba. O choque comezará a partires das 11:00 horas.

-Foto e Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies