O BERGANTIÑOS FC MATERÁ GRAN PARTE DAS OFERTAS AOS AFECCIONADOS PARA O ENCONTRO ANTE O ADARVE NAS EIROAS.

 

O Bergantiños FC manterá as ofertas para o partido, ante a Unión Adarve, deste domingo.

Desta forma o club quere agradecer aos seus socios e afeccionados todo o apoio mostrado ao longo de toda esta tempada no Estadio Municipal de As Eiroas.

 O Bergantiños FC, mantén parte das iniciativas levadas a cabo no
último partido disputado no Estadio Municipal de As Eiroas, #ante a Ximnástica Segoviana, para o próximo encontro correspondente á Xornada 31 ante o líder da clasificación do Grupo 1 da 2ª RFEF, a Unión Adarve (domingo 24 de abril ás 17:00). Con iso o club, quere mostrar todo o seu agradecemento a todos os socios e afeccionados do Bergantiños polo apoio mostrado ao longo desta
tempada.

Grazas á incondicional axuda de toda a familia Bergan
que cada fin de semana manifestan na que é a casa de todos, As Eiroas, o noso equipo está hoxe en día loitando por acceder aos postos para disputar a fase de ascenso a 1ª RFEF que se celebrará en Alacante.

No Bergantiños FC queremos seguir soñando sempre á beira da “Familia Bergan”, socios e afeccionados son o piar fundamental de todo o club e sabemos que con eles todo é posible por iso o Bergantiños FC manterá para este domingo o día para os socios: todo aquel que teña o abono da Tempada 21/22 poderá traer un acompañante gratis, así como tamén, para os que non teñan o carné de socio as entradas poderanse adquirir a un prezo reducido de 5 euros, en vez dos 15 habituais, para todos os maiores de 12 anos e será gratis para os menores de 11 anos.

O club tamén convida a todos os xogadores e xogadores que forman parte da base do Bergantiños FC e das Escolas Luís Calvo a presenciar o partido que será a penúltima final, das catro que restan da liga regular, que poderemos vivir no Estadio
Municipal de As Eiroas.

Todos eles terán ademais a oportunidade de inmortalizar o momento cunha fotografía xunto a todo o persoal e corpo técnico do primeiro equipo unha vez finalizado o partido ante a Unión Adarve.

-Foto e Texto : Prensa Bergantiños FC