OS CAMPIÓNS DE ESPAÑA XUVENÍS, XA ADESTRAN CO DEPOR.

 

Algúns dos brillantes campións de España de xuvenís adestraron co primeiro equipo no día de hoxe. Unha toma de contacto tras acadar o máximo título español de xuvenís, fai apenas 3 semanas. Os rapaces con este novo paso nas suas vidas, facendo a pretempada co primeiro equipo, teñen a oportunidade de que Borja Jiménez os vexa de primeira man, e quen sabe, algún igual da a dorpresa e fai trocar is plans do técnico, que xa dixo cando chegou que para él os xogadores non teñen carnet de identidade.

Se onte o meta Brais Suárez xa se adestraba ás ordes de Borja Jiménez, hoxe sumáronse catro dos futbolistas do Xuvenil A, que dirixiu Óscar Gilsanz na histórica ‘Final Four’ de Marbella: Guille Bueno, Trilli, Noel e Yeremay. Os catro xa saben o que é adestrar cos profesionais entre semana e mesmo ir convocados a algún partido oficial.

Iván Guerrero, Juan Rodríguez e Hugo Ríos completaron hoxe xoves a representación de #ANOSACANTEIRA no primeiro equipo.

O obxectivo é seguir acumulando experiencia nesta pretemporada, na que están confirmadas as citas ante o Racing Villalbés (sábado 24 ás 19:00) e Viveiro (sábado 31 tamén ás 19:00 horas).

Esta mañá, despois dun quecemento cun torneo de fútbol tenis, o cadro realizou ademais rondos de presión e fútbol en espazo reducido con apoios; todo iso no campo 4.

Uche, Rolan e Fede Cartabia teñen permiso; e Celso Borges está concentrado coa súa selección na Copa de Ouro da CONCACAF. Os dous futbolistas con adestramento específico son Héctor e Pablo Brea. Pola súa banda, o meta Alberto, Valín, Josep Calavera e Juergen Elitim permanecen nos seus respectivos domicilios con traballo individualizado ata que ditaminen os Servizos Médicos.

Mañá venres 16 de xullo hai dobre quenda de adestramento: 10:30 e 19:00 horas.

 

Choques concertados de pretempada

RC Villalbés – RC Deportivo, sábado 24 de xullo, 19:00 h. A Magdalena

Viveiro CF – RC Deportivo, sábado 31 de xullo, 19:00 h. Cantarrana.

Gandoy, William, Rafa de Vicente e Pablo Trigueros clausuran mañá a terceira quenda do DéporCampus de Abegondo

Nun sinxelo acto no campo de herba artificial, e baixo un estrito protocolo sanitario polo COVID-19, catro xogadores do RC Deportivo clausurarán mañá venres 16 de xullo a terceira quenda do DéporCampus Cabreiroá 2021 de Abegondo.

Ás 12:00 do mediodía, xusto ao finalizar a sesión matinal de adestramento do primeiro equipo, Gandoy, William de Camargo, Rafa de Vicente e Pablo Trigueros pasaranse polo campus para asinar autógrafos, fotografarse e entregar os diplomas ao centenar de nenos e nenas participantes esta semana nesta sede, que comparte a instalación na que o Deportivo realiza a súa actividade diaria de pretemporada.

Celso Borges xoga mañán o segundo encontro da “Copa de ouro”

A selección de Surinam será a segunda rival de Costa Rica na Copa de Ouro da CONCACAF. O encontro xogarase mañá venres 16 de xullo no Explora Stadium de Orlando ás 20:30 hora local (2:30 do sábado 17 en España).

Celso Borges, xunto ao seu compañeiro Bryan Ruiz, bateu unha marca coa Tricolor ao disputar o pasado luns ante Guadalupe o seu partido número 22 nesta competición, equivalente á Eurocopa ou a Copa América, repartidos en seis edicións desde 2009.

.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies