Peke traspasada o Atlhetic Club
O RC Deportivo, o Athletic Club e Ainize Barea Núñez “Peke” (Arrigorriaga, Bizkaia, 25 de xaneiro de 1992) chegaron a un acordo para o traspaso da dianteira ao conxunto branquivermello.
Peke é unha das futbolistas centenarias do Dépor ABANCA, ao que deixa despois de 4 temporadas, 106 partidos e 84 goles (24 en Primera Iberdrola e 53 en Segunda, ademais de 3 en playoff de ascenso e 4 en Copa da Raíña). Após asinar procedente do Santa Teresa e debutar o 3 de setembro de 2017 contra o Gijón FF, completou a súa andaina de branquiazul o pasado 27 de xuño precisamente fronte ao seu próximo equipo, o Athletic Club.
O RC Deportivo quere agradecer a Peke o seu traballo, a súa dedicación e o seu rendemento nestes 4 anos na Coruña, desexándolle a maior das sortes no seu regreso a casa.
Iris Arnaiz a Real Sociedad
Por outra banda a xixonesa, Iris Arnaiz, tras 3 tempadas no Deportiv Feminino, ao que chegou do Oviedo Moderno, tras desvincularse do clube deportivista, asinou pola Real Sociedad e San Sebastian.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia