O Fisterra colle o liderato da 1ª de Galicia

1ª GALICIA G2

-30ª Xornada-


Bos resultados de 4 dos 5 equipos costeiros.

-O Fisterra remonta ante o Ulla para acabar lider por golaveraxe, (3-2). O Dumbría derrota ao Cordeiro, (0-1) e adfianzase como 5º. Vitoria do Soneira no derbi costeiro co Baio, (1-0), e empate da Esteirana ante o Bastavales, (0-0)-

 

30ª tirada da 1ª Galicia G2, e o SD Fisterra tras caer na primeira metade 0-2 co Val do Ulla, deulle a volta o marcador, co empuxe da afección no “Ara Solis” que despideu o grande o equipo polo esforzo feito para acabar 3-2. Con esta vitoria e o empate do Sigüeiro ante o Flavias SD, (1-1), fai que os fisterráns se aupen a primeira prza por golaveraxe cos memso 67 puntos cos sigüireses e un por enriba do terceiro Flavia. No derbi costeiro emoción a raudais e un só gol, o que acadaba o soneirense Piti para levarse os 3 puntos no minuto 66. Os baieses buscaban unha vitoria para celebrar o 55º aniversario do primeiro encontro oficial do clube. O CF Dumbría consigueu cun tanto de libre direto de Diego Cespón a vitoria na sua visita ao Cordeiro CF e o SCDR Esteirana sumaba un novo punto na sua visita ao UD Bastavales, (0-0), e puideron ser 3, cun tiro o final de Álex o longgueiro. Os das Salinas seguen soñando ca permanenza, xa que agora mesmo están a 3 puntos do descenso direto e buscando alonxarse dos postos de “arrastres”.

-30ª Xornada-

31/03/2019

UD Bastavales 0-0 SCDR Esteirana
CD Lalín3-1 Bertamiráns CF
SD Fisterra 3-2 Val do Ulla UD
 Flavia SD 1-1 Sigüeiro CF
SD Soneira 1-0 CD Baio
 Tordoia CF 1-2 Esclavitude SD
Cordeiro CF 0-1 CF Dumbría
CD Unión 0-2 Praiña Sporting Club
Chaián CF 2-2 SD Piloño
 
 
CLASIFICACIÓN

-TÁBOA DE PICHICHIS-

-Martín MC, (CD Baio) : 26 (5 de penalti)
-Astray, (Sigüeiro CF), 21, (2 de penalti)
-Adrián “Makaay”, (SD Fisterra) : 20, (4 de penalti)

-Jesús López, “Yuyo”, (CF Dumbría) : 19, (2 de penalti)

-Uxío, (Flavia SD) : 16, (3 de penalti)
-David Pérez, (Flavia SD) : 15, (2 de penalti)
Iván, (Tordoia CF) : 12.
 

 

(Os goles e goleadores son os recollidos nos actas arbitrais).

 

++++++++++++++++++++++
 
 

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies