O BERGANTIÑOS FC QUER ASOLAGAR O ESTADIO “AS EIROAS” DE AFECCIONADOS CA VISITA DO GIMNÁSTICA SEGOVIANA.

“As Eiroas” cada día loce máis fermoso.

 

Asolagar As Eiroas: o reto do Bergantiños FC para o partido ante a Ximnástica Segoviana. Teñen previsto un autibús de balde con percorrido por Carballo, antes e despois do encontro, para coller os afeccionados e tralo encontro desplazalos de novo aos seus destinos. As entradas serán a 5 euros, e de balde para os menores de 12 anos. Invitan aos nenos e nenas das categorías inferiores e de base e os socios poderán levar a un acompañante que entrará  de balde. Todo para vestir de vermello “As Eiroas”.

Así nolo contan dende o seu departamento de prensa

O Bergantiños FC quere vestir o Estadio Municipal de As Eiroas de ”vermello”, para iso levará a cabo unha serie de iniciativas para convidar a socios e socias e afeccionados a animar ao primeiro equipo, en loita por manterse nas prazas de promoción de ascenso

O club convida ademais a todos os nenos e nenas que forman parte da nosa familia da base do Bergantiños FC e as Escolas Luís Calvo Sanz.

A falta de seis xornadas para finalizar a liga regular para o primeiro equipo do Bergantiños FC, o club pon en marcha unha serie de iniciativas para facilitar e animar aos socios e socias e afeccionados a “asolagar” o vindeiro domingo, 10 de abril ás 17:00 horas, o Estadio Municipal de As Eiroas. O Bergantiños FC é consciente da importancia da presenza da nosa xente para que o equipo siga loitando polas prazas de promoción de ascenso, que na actualidade ocupa o cuarto posto. Un reto que sen os afeccionados non será posible conseguir, e un obxectivo que desde o club desexa vivir coas e os “ vermellos” todos.

Por iso o día de partido poñeremos ao dispor de todas as persoas que queiran acudir As Eiroas dun autobús da compañía Autos Pallas que partirá desde a Praza do Concello de Carballo (Gran Vía zona carga e descarga do mercado) ata o estadio municipal. Será totalmente gratuíto e estará dispoñible desde as 15:45 ata o inicio do partido con hora de saída cada 15 minutos. Para a volta poderán dispoñer do mesmo servizo unha vez finalizado o encontro ante a Gimnástica Segoviana, con parada na mesma zona de recollida.

Ademais, o club fará deste domingo o día para os socios, polo que todo aquel que teña o abono da Tempada 21/22 poderá traer un acompañante gratis, así como tamén, para os que non teñan o carné de socio as entradas poderanse adquirir a un prezo moi reducido: 5 euros, no canto dos 15 habituais, para todos os maiores de 12 anos e será gratis para os menores de 11 anos.

O noso futuro estará moi presente

O club tamén convida a todos os xogadores e xogadores que forman parte da base do Bergantiños FC e das Escolas Luís Calvo a presenciar o partido correspondente á Xornada 29. Con iso o noso futuro como entidade deportiva estará moi presente nun
encontro que será unha final para seguir na loita polos postos de promoción de ascenso a 1ª RFEF.

Ademais, e como xa se fixo en anteriores ocasións, as e os asistentes ao partido poderán gozar de novo dun encontro entre os nosos Biberóns durante o descanso do partido entre o Bergantiños FC e a Ximnástica Segoviana. Desde o club animádevos a todos e todas a vivir xuntos un novo soño, do mesmo xeito que xa fixemos a pasada tempada ao alcanzar o tan ansiado e merecido ascenso a 2ª RFEF.

No Bergantiños FC queremos seguir soñando, pero sempre á beira de toda a familia Bergan.

-Foto : Campos Gallegos

-Texto : Prensa Bergantiños FC

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies