FUNCHS SPORT ANUNCIA QUE DARÁ A 1ª RFEF EN ABERTO, NAMENTRAS FOOTTERS ANUNCIA CONTRARRESTARÁ ESTA DECISIÓN.

Os encontros téñenos anunciados, pero sen datos.

 

A loita polas retrasmisións da 1ª RFEF abre un novo capítulo, e namentras na tarde deste pasado martes, non se podían ver os encontros que estaban anunciados, tal e como vos informábamos, Footters, a plataforma que daba esta competición, e que leva o seu nome, anunciaba que : “por una decisión unilateral del titular de los derechos de Primera RFEF, Fuchs Sports, Footters no podrá emitir los partidos RM Castilla/Albacete, R. Ferrol/R. Majadahonda, así como el partido de Primera RFEF Futsal Xota FS/Movistar Inter, previstos hoy, 08/03”, e a RFEF convocaba unha xuntanza de urxencia para mañán xoves en “Las Rozas”, cos 39 equipos que forman os 2 grupos.

Hoxe a plataforma luxemburguesa, Funchs Sports, dona dos dereitos televisivos desta competición, e que lle cedeu os dereitos a Footters, anuncia que vai dar os encontros en aberto de toda a 1ª RFEF, pero dende o vindeiro venres, que hai un par de encontros, polo que quedan fora os encontros que haberá hoxe, un deles o Santander-Cultural Leonesa, (hoxe Footters comunicou que “tomará medidas legales por una decisión injustificada”, sobre este encontro.

“Fuchs Sports quiere informar a todos los aficionados de la Primera RFEF que Footters dejará de retransmitir los partidos de la mencionada competición. Para seguir ofreciendo a los aficionados imágenes en directo de la Primera RFEF, todos los partidos se retransmitirán en nuestra plataformafuchs-sports.com. También queremos comunicar que el contenido de la Primera RFEF estará disponible en nuestra plataforma de forma gratuita hasta el final de la temporada”. Este é o comunicado da plataforma de deportes luxemburguesa no día de hoxe.

Con todo esto e cos afeccionados totalmente ninguneados, as protestas son moitas, e xa foron moitos os que xa lle reclaman a Footters a devolución dos cartos, ao non se prestar o servizo que se contratou, máis se cabe.

Un perxuizo enorme, que teñen eses aboados, (antre os que nos incluimos), habida conta da mala calidade das retrasmisión, con pouca calidade de imaxe, cortes, e penosas nas repeticións, así como malos comentaristas, e as veces partidistas de máis, e faltos de criterio ante as imaxes que están a ver. Pero outra cousa, é que estes comentaristas, son dunha productora, que será a mesma que o seguirá a facer con Fuchs Sports.

Trala xuntanza de mañán da Federación, a que non poderá entrar a prensa por decisión federativa, esperemos se arroxe algo de luz a todo esto, e que se aclare todo para os que somos afectados diretos.

-Foto : Fuchs Sports

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies