A RFEF CONVOCA DE URXENCIA AOS EQUIPOS DA 1ª RFEF A UNHA XUNTANZA ESTE VINDEIRO XOVES, POR INCUMPLIMENTO DE 5 EQUIPOS DOS COMPROMISOS DE TV.

 

O malestar antre tódolos que temos contratado o servizo de Footters para seguir os nosos equipos, é palpable cada xornada. Malas retrasmisións, con cortes, con malas repeticións de moitas das xogadas polémicas, e as moitas veces sen repetilas, e logo ou non dalas, ou obvialas, ainda que as deran no encontro, a hora de armar os resumos. Exemplo sangrante o penalti cometido por Yeferson no Depor-Ferrol, que puido trocar o resultado do partido.

Na tarde deste martes había ata 4 encontros que foran adiados no seu día e Footters anunciaba que : “Lo sentimos, pero por una decisión unilateral del titular de los derechos de Primera RFEF, Fuchs Sports, Footters no podrá emitir los partidos RM Castilla/Albacete, R. Ferrol/R. Majadahonda, así como el partido de Primera RFEF Futsal Xota FS/Movistar Inter, previstos hoy, 08/03”. Non hai moitos días mandaban unha mensaxe por email aos usuarios porque non se puideron ver os encontros dun sábado. Servizo desastroso sen que haxa nin unha atención o cliente para poder protestar, e todo isto chamándose a liga “1ª RFEF Footters”, prometendo tódlos encontros desta liga nos seus grupos, a 2ª RFEF, etc, e sen cumprir cos aboados.

As críticas a plataforma deportiva foron inxentes e todas protestando polo mesmo.

A Federación convoca a tódolos clubes da 1ª RFEF

O problema : “5 equipos imcumplen os compromisos TV”, ese é o que esgrime Footters e o que anuncia a Real Federación española de Fútbol, que chama aos equipos que integran a 1ª RFEF, (40), a unha xuntnaza de urxencia o vindeiro xoves a partires das 16:00 horas en “Las Rozas”, e coma a democracia que vivimos en España : “La reunión será a puerta cerrada para los medios de comunicación”.

La RFEF ha convocado a los clubes integrantes de la Primera RFEF Footters para este jueves a las 16:30 horas en el Salón Luis Aragonés de la Ciudad del Fútbol de Las Rozas. 
El orden del día de la sesión será el siguiente:
1. Derechos de Televisión. Tender.
2. Incumplimiento por parte de 5 clubes de los compromisos adquiridos por unanimidad en la reunión celebrada el 17 de agosto de 2021. Efectos sobre el modelo de competición las próximas temporadas.
3. Revisión de la política de ayudas de la RFEF.
-Foto : Captura de Pantalla
-texto : piratasdemuxia

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies