O RC Deportivo declara o encontro ante a Cultural Leonesa en riazor : “Día do Fútbol Afeccionado de A Coruña”, con entradas económicas en favor do fútbol coruñés.

 

Tal e como nos apuntan dende o RC Deportivo : Como recolle o convenio asinado a pasada semana entre o RC Deportivo, a súa Fundación e a Asociación de Fútbol Afeccionado Coruñés, AFAC, unha xornada por temporada dedicarase a festexar o Día do Fútbol Afeccionado, no que, entre futuras actividades, destínase parte da recadación do partido á AFAC.

O encontro elixido esta campaña é o que enfronta o vindeiro sábado 19 de marzo, día do pai, en ABANCA-RIAZOR ao Deportivo e a Cultural e Deportiva Leonesa a partir das 19:00 h. correspondente á 28ª xornada en Primeira RFEF.

Por iso póñense entradas a prezos populares a disposición de toda a afección ao fútbol na Coruña para que poidan acudir ao Estadio ABANCA-RIAZOR, colaborar coa AFAC e gozar dunha gran xornada de fútbol se non se ten carné do Dépor 21-22. As socias e socios do Deportivo poden acceder directamente co seu carné.

Os prezos das entradas para o público oscilan entre os 10 euros das Tribunas e Preferencia Superior e os 5 do resto de bancadas do Estadio (Esgotada Marathón Inferior).

As entradas poden comprarse seguindo o mesmo método que se veu utilizando nos últimos partidos en ABANCA-RIAZOR, a través da páxina:

https://bancada.rcdeportivo.es/

O día de partido, as entradas poden comprarse nos Despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 11:00 h. e até o comezo do partido. A Oficina de Atención ao Deportivista está aberta de luns a venres no seu horario habitual de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h.

 

 

-Foto e Texto : rcdeportivo.es