A CRÓNICA : DEPOR 2-1 UD LAS PALMAS : “A SEXTA CONSECUTIVA ANTE MÁIS DE 27.000 DEPORTIVISTAS”.

Riazor presentou un aspecto extraordinario.

 

Depor 2-1 UD Las Palmas

Foi mellor o equipo canario nos primeiros 45 minutos e deu sensación de perigo pero foi Sabin Merino o que marcaba. Saque de falta de Aketxe dende a parte esquerda pasados os banquillos e no primeiro pau Sabin toca de testa e métella antre as pernas o meta canario Valles. Lemos puido igualar cun tiro lonxano no que se luceu Dani Giménez. A pesares do dominio visiante foise o descanso coa vitoria pola mínima deportivista. Xa na segunda co Depor xogando con duas duas liñas ben definidas de 5 atrás 4 no medio campo e Sabin Merino en punta, ainda que lle deixaba o balón aos canarios, as ocasións eran deportivistas. Con todo eso un centro dos canarios dende a banda dereita era desviado a gol por Somma, para poñer o empate no marcador. Sabin Merino e Gaku tras pase atrás no área de Aketxe puideron facer o 2-0 minutos antes. Foi un intre de incertidume que pouco durou xa que 7 minutos despois, un gran pase de Çolak era centrado xusto dende enriba da liña de fondo por Mollejo, que xogou de lateral esquerdo e Eneko Bóveda en boca de gol mandaba o fondo da rede de testa para facer o 2-1 e reventar un Riazor entregado con máis de 27.000 deportivistas. Nos minutos finais non se pasaron apuros e veuse un Depor moi solidario, con axudas na presión e saindo ben a contra. Nunha delas Beauveu puido marcar de chilena, mandando o balón o longueiro, pero foi anulada a xogada polo colexiado. De ter sido gol, non sería revisada a xogada, xa que ao parecer non funcionaba o VAR.

Depor: Dani Giménez, Bóveda, Mujaid, Somma, Montero (Álex Bergantiños, min. 63), Mollejo, Peru Nolaskoain, Gaku Shibasaki, Aketxe (Vicente Gómez, min. 86), Sabin Merino (Beauvue, min. 70) y Emre Çolak.

UD Las Palmas: Valles, Srnić, Aythami, Mauricio Lemos, Eric Curbelo (Juanjo Narváez, min. 32), De la Bella, Fede Varela (Kirian, min. 86), Ruiz de Galarreta, Pedri, Tana e Rubén Castro (Pablo Haro, min. 78).

Gol: 1-0 Sabin Merino (min. 18); 1-1 Somma, en propia meta (min. 67); 2-1 Bóveda (min. 74).

Árbitro: Moreno Aragón (c. madrileño). Cartóns amarelos a : Eric Curbelo (min. 19), De la Bella (min. 63), Pablo Haro (min. 80) e Srnić (min. 89).

 

O deportivismo luceu as camisetas que agasallou o clube.

 

Incidencias: Partido da 26ª xornada da Segunda Devisión Española de Fútbol disputado no Estadio de Riazor ante 27.151 espectadores. Fora do estadio antes do encontro varios milleiros de afeccionados esperaron a chegada do bus do equipo na Praza das Esclavas e acompañárono ata a “Porta 0”, de entrada o estadio para vitorealos o sair os xogadores. No encontro sairon con lesións por molestias, Sabin Merino e Montero. Tamén Dani Giménez xogou con molestias, ata o punto de sacar de porta un xogador de campo.

 

MANIFESTACIÓNS

 

 

O RESUMO DO ENCONTRO

https://www.youtube.com/watch?v=yysmj_sGZd8

 

 

En “Vídeos Recomendados” na parte de abaixo da portada da web tes tódolos vídeos que sube o RC Deportivo ao instante, incluso antes de que falemos deles aquí nas novas.

-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo

-Foto  e Texto : piratasdemuxia.es

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies